Esta tempada pasada teñen xurdido comentarios na bisbarra da Mariña de Lugo sobre a incidencia da pandemia no asentamento da poboación, con movementos que virían afectar a un aumento de residentes censados en Barreiros, Foz ou Ribadeo. A falta de confirmación das cifras, os argumentos son claros: onde se vive mellor e máis seguro? A resposta argumentativa, por parte dos locais, é clara: aquí. Natureza, pureza de aire, auga e terra, tranquilidade, falta de distancias… ou é que non se está a converter nun destino turístico por excelencia? Así, a atracción de xente á zona estaría cantada unha vez que foxen da aglomeración contaxiativa das cidades.
Coido que no parágrafo anterior habería ao menos tres cousas a obxectar. Serían os números, as bondades e a contradición. Explícome.
En canto ós números, botando man dos datos dispoñibles de xeito público, os máis actualizados son os co censo de electores, liberados con datos de comezos de cada mes, e dos que os últimos dispoñibles agora mesmo son os de agosto. Certo que non é o de residentes, que sería o propio, pero si unha indicación abondo fiable pola súa relación. Pois entre abril e agosto, nos concellos supostamente afectados, as variacións son comparables ás doutros anos. Hai tan só un par de días algún medio citou de xeito textual a algún alcalde falando de novas inscricións que suporían o 2,5 % da poboación, pero con aumentos de residentes de só o 0,3 %. As contas non casan moi ben sen moito esforzo, e ó final, o que conta, vóltase ó aumento do 0,3 %, normal nestes anos en época de verán. Polo momento, unha cousa é que se teña notado que chegou xente mesmo cando non estaba permitido, e outra que se afinque de xeito permanente.
En canto ás bondades, cando se expoñen pola nosa parte, polos que queremos á nosa terra, tendemos a sobreponderalas, esquecendo de xeito correlativo as maldades, que tamén contan. Entre elas, o paulatino illamento da zona en transporte público ou a calidade mellorable de internet, que habería que contrapoñer na balanza ós pequenos recorridos necesarios para a vida diaria, considerados avantaxe se vives nun pobo e non nunha aldea, e non tes necesidade de usar os servizos asociados a unha poboación grande. Sen ir máis lonxe, estes días está en marcha unha campaña de sinaturas para tentar que se restableza o servizo de ferrocarril, na actualidade só un tren de ida e outro de volta no que é máis ben unha falta de servizo. E ben, aínda que no resto dos temas tamén se poderían contrapoñer pegas, coido que todos -locais e forasteiros- estamos de acordo en que a calidade de vida tende a ser mellor por estes lares. Pero en calquera caso, hai que lembrar que se a xente non se ten vido para aquí en masa xa antes da pandemia é por algo, sexa o sitio onde están os empregos (aínda coa posibilidade de teletraballo en aumento), a diferencia de soldo, ou mesmo en máis dun caso, non verse afogado por unha vida considerada demasiado tranquila.
En canto ó último punto, a contradición, é máis difícil de acoller, pois é moito máis difuso que os anteriores. Resúmese en algo así como querer nada e gardar a roupa. En xeral, estamos encantados de ser lugar de acollida, de que aumente a poboación, esquecendo que iso significa… que a poboación aumenta! É dicir, que aumenta o número de xente e con iso, tenden a diminuír as bondades ás que se alude precisamente por ter baixa poboación.
E un aparte. Que significa demográficamente? Coido que está por ver a influenza posible dun movemento así na pirámide demográfica dunha comarca (tres comarcas, segundo a Xunta) que leva perdido o 10 % da súa poboación nos últimos corenta anos, aínda sen a crise provocada pola evolución de Alcoa, motor industrial da zona.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



