Foz, 7 de outubro de 2020. A Escola de Música Municipal Arcadio Mon, de Foz, comezou o curso 2020-21 con arredor de 200 alumnos, con idades entre os 4 e os 70 anos. “É unha cifra que, a pesar das circunstancias, se mantén no número do curso pasado, o cal é moi satisfactorio”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica que o centro “manterá tódalas actividades lectivas cumprindo coas normas de seguridade e hixiene reflectidas no plan de adaptación que leva a adecuar as aulas así como a contar con novos espazos que fagan posible a continuidade da actividade lectiva”.
O responsable da Escola, Felipe Sánchez Fernández, amosa o seu “contento pola resposta dos usuarios que seguen a confiar no centro e pola implicación, disposición e entusiasmo do plantel de 7 docentes que desexan sacar adiante o curso”. Tamén quere mostrar o apoio institucional, que considera fundamental e máis se cabe nunha situación coma esta.
Aínda que algunhas das actividades programadas non poderán realizarse por mor da situación actual, o centro ideará alternativas que permitan amosar o traballo da escola, como viñeron facendo xa no curso pasado, no que se puido gozar das audicións virtuais.
Felipe Sánchez destaca que “o abanico nas posibilidades de ensinanza da escola fai que cada ano se vexa incrementada a demanda e nalgúns casos se conte con lista de espera”.
A edil de Cultura incide en que “se seguen todas as medidas de hixiene e seguridade, que este ano por mor do COVID se incrementaron para que todo o mundo poida acudir á escola de forma segura. Ademais todos os profesores pasaron probas COVID antes do comezo do curso, medida que nos pareceu absolutamente imprescindible para que tanto profesores como alumnos comecen o curso con todas as garantías”.
“Dende o Concello queremos agradecer a enorme implicación do claustro de profesores, que fai que a escola sexa un referente e que só escoitemos boas palabras por parte do alumnado”, indica López Couto, quen engade que “a Escola de Música de Foz, que cada ano continúa en crecemento, incrementou este ano as horas do profesorado e mellorou as condicións das aulas para poder ofrecer un mellor servizo. Continuarase nun traballo en conxunto da Concellería de Cultura e a dirección do centro para aplicar as melloras necesarias e que este continúe sendo un espazo de aprendizaxe e goce da música”.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



