Ribadeo, 13 de outubro de 2020. O Concello creará a rede de Establecementos amigables co peregrino, que estarán incluídos no catálogo Ribadeo prepara o teu camiño. O obxectivo pasa por implicar e mobilizar ao tecido comercial e de servizos da vila para desenvolver produtos específicos para as persoas que realizan a ruta a Compostela.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “aproveitando o importante papel deste municipio como porta de entrada en Galicia do Camiño de Santiago na súa variante do Norte, o Concello leva tempo traballando en reforzar a imaxe de Ribadeo como punto de referencia dentro do itinerario xacobeo especialmente de cara ao próximo ano”.
O edil ribadense subliñou que “o Camiño Norte é a terceira ruta de peregrinación a Santiago máis empregada acadando preto dos 20.000 peregrinos o pasado ano. Ribadeo conta cunha situación privilexiada, xa que a media diaria de peregrinos durante os meses estivais nese mesmo ano roldou os 130. É por tanto, un Camiño en crecemento e dende o Concello queremos prestarlle unha especial atención e coidado a través do programa Ribadeo alén do Camiño”.
Vizoso Galdo sinalou que “por outra banda, o Xacobeo 2021 vai constituír unha oportunidade única e extraordinaria que nos permitirá poñer en valor a nosa cultura, paisaxe, a nosa memoria e o talento local para atraer recursos e dinamizar a nosa economía, especialmente nas zonas rurais, e para impulsar accións innovadoras”.
O concelleiro de Turismo explicou que “aproveitando esta circunstancia, o Concello de Ribadeo pretende desenvolver dentro do proxecto municipal denominado Ribadeo alén do Camiño a creación dunha experiencia ligada ao Camiño, que procura implicar e mobilizar ao tecido comercial e de servizos da nosa vila, coa finalidade de desenvolver produtos e servizos específicos para o peregrino e o Camiño de Santiago. Os negocios colaboradores recibirán o selo de Establecemento amigable co peregrino, que lles dará acceso a unha serie de vantaxes entre as que destaca a promoción e comercialización do produto/servizo que ofertan mediante a súa inclusión no catálogo denominado Ribadeo prepara o teu camiño. Este catálogo será interactivo e accesible a través da web que se habilitará para o mesmo, e proporcionará información ao usuario referente ao establecemento (localización, características, servizos que se ofrecen, contacto, etc) e unha descrición do servizo/produto especialmente deseñado para o peregrino”.
Pablo Vizoso lembrou que “o usuario do Camiño de Santiago, o peregrino en particular, responde a un perfil que emprega principalmente as novas tecnoloxías e internet á hora de procurar información, planificar e organizar a súa viaxe, polo que é imprescindible contar cun bo posicionamento neste campo. Neste punto, desde o Concello colaboraremos co tecido empresarial local no desenvolvemento, mellora e comercialización do catálogo de servizos co fin de consolidar o mesmo e contribuír á súa difusión entre os principais canles de distribución empregados polos peregrinos”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



