A MARIÑA .- O parlamentario do PP, José Manuel Balseiro, aporta datos que atribúe o Sergas, segundo os que “dezaseis das vinte e dúas consultas de especialistas no Hospital da Costa viron incrementada a súa lista de espera no último trimestre” e comparando co ano 2005, indica que “os datos tamén son negativos en trece especialidades”.
Nota de Prensa
Pese alarde de optimismo oficial os datos estatísticos demostran que nos últimos anos de xestión do bipartito na Xunta está a producirse un progresivo deterioro do sistema público de saúde na Mariña lucense
16 DAS 22 CONSULTAS DE ESPECIALISTAS NO HOSPITAL DA COSTA VIRON INCREMENTADA A SÚA LISTA DE ESPERA NO ÚLTIMO TRIMESTRE
• Destacan os incrementos nas consultas de rehabilitación (+32 días), endocrinoloxía (+28 días), nefroloxía (+21 días), dermatoloxía (+18 días), medicina interna e oftalmoloxía (ambas +16 días), neuroloxía (+15 días)
• Os datos tamén son negativos en 13 especialidades se comparamos o tempo de espera actual co respecto ao que se rexistraba no 2005. Dermatoloxía con +61 días, cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días) son as que peor comportamento rexistra nos últimos anos.
A Mariña, 27 de outubro de 2008.- Pese ao alarde de optimismo amosado desde o SERGAS, e desde a xerencia do hospital da Costa de Burela, o certo é que, nos últimos anos de xestión do bipartito na Xunta, está a producirse un progresivo deterioro do sistema público de saúde na Mariña lucense. Así o corroboran as estatísticas oficiais -que poden consultarse na páxina web da Xunta- ao poñer de relevo que nos últimos tres meses empeorou a lista de espera en 16 das 22 especialidades, isto é en máis do 72% delas aumentou o tempo de demora medio para que un paciente poda ser atendido polo médico especialista no centro hospitalario mariñán.
Así por exemplo, dende xuño de 2008 a setembro de 2009 incrementouse en +32 días a lista de espera de rehabilitación, en +28 días a de endocrinoloxía, en +21 días a de nefroloxía, en +18 días a de dermatoloxía, en +16 días as de medicina interna e oftalmoloxía, 15 días máis teñen que esperar os pacientes de neuroloxía que respecto aos datos de xuño de 2008 e, finalmente, en 10 días empeorou a lista de espera de traumatoloxía e uroloxía. Tamén rexistran un empeoramento con respecto a fai tres meses as especialidades de alergoloxía (+3 días), cardioloxía (+1 días), dixestivo (+9 días), hematoloxía clínica (+2 días), neumoloxía (+5 días), pediatría (+4 días) e reumatoloxía (+8 días). Os devanditos datos ofrecen un empeoramento medio, na totalidade das especialidades de 8 días, con respecto ao tempo de espera previsto en xuño. De 71 días pasan a 79, catro días máis ca media do conxunto do SERGAS.
Ver cadro anexo:
|
SERVIZOS |
Tempo medio de espera XUÑO 2008 |
Tempo medio de espera SETEMBRO 2008 |
Diferencia espera media Tres últimos meses |
|
REHABILITACIÓN |
50 |
18 |
+ 32 |
|
ENDOCRINOLOXÍA |
43 |
71 |
+ 28 |
|
NEFROLOXÍA |
11 |
32 |
+ 21 |
|
DERMATOLOXÍA |
60 |
78 |
+ 18 |
|
MEDICINA INTERNA |
15 |
31 |
+ 16 |
|
OFTALMOLOXÍA |
116 |
132 |
+ 16 |
|
NEUROLOXÍA |
39 |
54 |
+ 15 |
|
TRAUMATOLOXÍA |
14 |
24 |
+10 |
|
UROLOXÍA |
70 |
80 |
+10 |
|
DIXESTIVO |
13 |
22 |
+9 |
|
REUMATOLOXÍA |
57 |
65 |
+8 |
|
NEUMOLOXÍA |
21 |
26 |
+5 |
|
PEDIATRÍA |
24 |
28 |
+4 |
|
ALERGOLOXÍA |
39 |
42 |
+3 |
|
HEMATOLOXÍA CLÍNICA |
13 |
15 |
+2 |
|
CARDIOLOXÍA |
87 |
88 |
+1 |
Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)
13 ESPECIALIDADES EMPEORAN CON RESPECTO AO 2005
Tal e como explican desde o Partido Popular, os datos tamén resultan negativos se comparamos o tempo de demora media rexistrado en xuño de 2005 con respecto ás que se están a dar a día de hoxe. Case catro anos despois de que PSOE e BNG accederan ao Goberno en 13 especialidades médicas do Hospital da Costa incrementouse notablemente a lista de espera.
Así por exemplo preocupan os incrementos en máis de 61 días da espera media para a consulta de dermatoloxía -que pasa de 17 días en 2005 ata 78 días en setembro de 2008-. Situación similar acontece noutras especialidades como cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días)
Datos que poden ser consultados no cadro anexo:
|
SERVIZOS |
Tempo medio de espera XUÑO 2005 |
Tempo medio de espera SETEMBRO 2008 |
Difrencia espera media 2007/2005 Htal da Costa |
|
DERMATOLOXÍA |
17 |
78 |
+61 |
|
CARDIOLOXÍA |
35 |
88 |
+53 |
|
OFTALMOLOXÍA |
94 |
132 |
+38 |
|
UROLOXÍA |
47 |
80 |
+33 |
|
NEFROLOXÍA |
10 |
32 |
+22 |
|
REUMATOLOXÍA |
44 |
65 |
+21 |
|
MEDICIÑA INTERNA |
12 |
31 |
+19 |
|
ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN |
1 |
18 |
+17 |
|
ENDOCRINOLOXÍA |
56 |
71 |
+15 |
|
NEUROLOXÍA |
39 |
54 |
+15 |
|
ALERGOLOXÍA |
30 |
42 |
+12 |
|
PEDIATRIA |
21 |
28 |
+7 |
|
DIXESTIVO |
16 |
22 |
+6 |
Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



