Organizada pola Asociación Mariña Patrimonio, o pasado domingo tivo lugar unha visita guiada á basílica de San Martiño de Mondoñedo, evento que rexistrou unha nutrida concurrencia de persoas interesadas nos temas históricos e artísticos que atinxen ó noso contorno. Abríu o acto o presidente daquel colectivo, o viveirense Francisco Luis Guerreiro para, a continuación o historiador focego Juan Ramón Fernández Pacio, presidente da Asociación Cultural A Pomba do Arco referir algunhas das peculiaridades do vello cenobio, cedéndolle a palabra a Blanca Besteiro, restauradora que últimamente realizou traballos naquel monumento, producto dos cales foi, entre outros, o descubremento de pinturas murais pertencentes ó século XII que fai delas posiblemente as mais antigas de Galicia. Acerca déstas, Manuel Castiñeiras, que é Xefe da colección de románico do Museo Nacional do Arte de Cataluña e profesor da Historia da Arte, no artigo titulado “Cuando las catedrales románicas estaban pintadas: el ciclo pictórico de San Martín de Mondoñedo al descubierto”, dí: “Estos recientes descubrimientos adquieren una significación muy especial en el contexto del románico gallego, hispánico y europeo, ya que hasta la fecha la historia de la pintura mural en Galicia era más bien parca y entrecortada. De hecho, hasta hace bien poco, los únicos testimonios visibles de pintura mural románica figurada en Galicia eran esos restos pictóricos de la pared meridional de San Martín de Mondoñedo. Los recientes hallazgos han confirmado la complejidad y gran extensión del programa iconográfico de la antigua iglesia de San Martín”. Blanca Besteiro, refírese ás peculiaridades da realización dos murais da igrexa focega coma “un material mural que nos permtía, coma poucos, acceder, de maneira privilixiada, e averiguar o proceso de execución dos mesmos”.Cada vez que os expertos inciden cos seus análises e investigacións nas pedras milenarias da vella catedral saen á luz consideracións que non fan senon ratificar a transcendental importancia histórica e artística de San Martíño de Mondoñedo.
Suso Fernández




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



