Lugo, a 23 de outubro de 2020. A presidenta provincial, Elena Candia, abordou na Xunta Directiva Provincial o Plan específico de recuperación creado pola Xunta de Galicia para a reactivación do emprego e do ocio nocturno. Neste senso, a popular puxo en valor os 70 millóns de euros dos que se beneficiarán 30.000 autónomos e 10.000 microempresas, así como os 4,8 millóns que o Goberno galego destina directamente aos establecementos de última hora, co fin de axudarlles a sufragar, entre outros custes, o alugueiro ou a celebración de concertos.
A dirixente dos populares lucenses considera que se trata de “iniciativas que teñen un beneficio directo para un colectivo que, lamentablemente, se está a ver gravemente prexudicado pola pandemia”. “Creo que, unha vez máis, a nosa Comunidade está á altura das circunstancias. Xa o fixo durante a primeira ola e vóltao a facer agora con este ambicioso plan”, afirma.
Elena Candia fai esta valoración trala xuntanza telemática, na que, ademais de voceiros, alcaldes e outros cargos orgánicos do PP, tamén participaron os conselleiros de Sanidade e de Emprego, Julio García Comesaña e María Jesús Lorenzana, respectivamente.
“É preciso, indicou, que todos sexamos responsables, a sabendas de que as medidas son restritivas pero si necesarias para frear que o virus vaia a máis. Os autónomos e o ocio nocturno están a pasar por momento moi complicados, polo que poñer en marcha plans específicos destinados á súa recuperación débese, cando menos, poñer en valor”, insiste.
Desglose dos Plans
O Plan de rescate 2020-2021, que dispón de 70 millóns de euros, ten como principal obxectivo facer fronte ao contexto socioeconómico xerado pola covid-19. Deste xeito, os autónomos que teñan recoñecida a prestación ordinaria ou extraordinaria por cese de actividade poderán optar a unha axuda de 1.200 euros, e de 2.000 euros no caso de que a actividade estivera paralizada durante, polo menos, seis meses ou especialmente paralizada, como é o caso do ocio nocturno. O apoio, no caso das microempresas, é de 4.000 euros e está dirixido a aquelas firmas que desde a declaración do Estado de Alarma teñan ou tivesen autorizado un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) por mor da pandemia.
Coas axudas ao ocio nocturno, o Goberno galego dá así cumprimento ao acordado con representantes do sector, o único pechado de forma total por mor da crise sanitaria. Neste caso, a iniciativa, dotada con 4,8 millóns, desglósase do seguinte xeito: 2,2 millóns para o alugueiro de locais, 2 millóns para o mantemento do empregos e 600.000 euros para a celebración de concertos.























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



