Cervo, 24 de outubro de 2020. O Concello de Cervo convoca unha liña de axudas para a reactivación económica e social do municipio dirixida a todas as persoas autónomas –que inclúen ao sector agrario e pesqueiro- e microempresas que exerzan a súa actividade no ámbito municipal.
Así o anunciaron este mediodía o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, que debullaron as principais liñas sobre as que se asenta este plan “co que pretendemos poñer o noso grao de area para contribuír a incentivar a actividade en Cervo, e axudar a paliar as graves consecuencias derivadas da COVID-19, que está a golpear seriamente a moitas persoas emprendedoras do municipio”.
Cada persoa autónoma recibirá un mínimo de 100 euros e un máximo de 850, en función de factores como a posesión ou non de establecemento físico para o exercicio da súa actividade ou o número de empregados/as ao seu cargo.
Así, tal e como explican, mobilizaremos 90.000 euros, e cada persoa autónoma con ou sen local recibirá 100 euros, unha contía á que sumará 200 euros se dispón de local; e 200 euros máis se ten entre 2 e 5 traballadores; ou ben 500 euros se emprega a máis de 5 persoas; o que sumaría a contía máxima de 850 euros a recibir.
Tal e como explica Villares, “deseñamos este plan co obxectivo de chegar a todas as persoas autónomas do noso Concello; sabemos que a contía que o Concello de Cervo lles fará chegar non chegará a compensar, en ningún caso, todo o dano que fixo e está a facer a COVID-19 tamén na faceta económica; pero é un primeiro chanzo nunha carreira de fondo que temos que librar unidos coa confianza de que imos superar a crise sanitaria; e consecuentemente a económica e social que trae aparellada”.
O rexedor quixo animar tamén á cidadanía a que consuma nos establecementos locais “e entre todos facer pobo”; porque nestes momentos máis que nunca “uns precisamos da solidariedade e da empatía cos outros para tirar para diante e superar a situación”.
Pola súa banda, Caramés recordou que a estas axúdas súmanse a outras que xa puxemos en marcha nos meses pasados para aliviar a carga dos pequenos/as empresarios. En concreto -recorda-, “non se cobrou a taxa do lixo desde mediados de marzo e ata que se levantou a obriga de peche; tamén se facilitou a ampliación das terrazas nos espazos públicos sempre que foi posible; e modificouse a ordenanza para eliminar a taxa de terraza desde o 15 de marzo e durante todo este ano”.
As bases desta nova liña de axudas remataranse de perfilar a vindeira semana e faranse públicas en datas moi próximas para que poidan acceder a elas todas as persoas autónomas do municipio.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



