Mondoñedo, 27 de outubro de 2020. O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda celebrará o vindeiro xoves 29 de outubro de 2020 ás 18:00h a presentación de resultados do proxecto “Impulso e promoción de experiencias á beira do Camiño de Santiago no territorio comprendido polo GDR Terras de Miranda”, subvencionado dentro do programa O Teu Xacobeo. Este proxecto afectou directamente aos concellos polo que atravesa o Camiño do Norte: Ribadeo, Barreiros, Lourenzá, Trabada e Mondoñedo e indirectamente aos concellos restantes que compoñen o GDR 01 Terras de Miranda.
As diferentes actividades realizadas tiveron como obxectivo destacar a riqueza cultural, natural e humana vinculada co Camiño Norte de Santiago na Mariña Lucense.
Esta última actividade consistirá na realización dunha conferencia sobre o Camiño do Norte na Mariña da man de Juan Pacios, ademais dunha presentación na que o GDR Terras de Miranda amosará os resultados obtidos no proxecto e presentará o dossier “Vive el Camino del Norte”, así coma o audiovisual promocional do proxecto. Por último, terá lugar unha degustación de produtos KM0 do Territorio Terras de Miranda.
Ademais, debido á situación xerada polo COVID-19 levaranse a cabo unha serie de medidas de prevención para limitar o risco de contaxio entre os asistentes coma a limitación de aforo e a utilización da máscara e do xel desinfectante.
Todas as actividades levadas a cabo neste proxecto son totalmente gratuítas e teñen prazas limitadas. Para mais información, pode contactarse con terrasdemiranda.turismo@gmail.com ou no 673 472 735.