Burela, 5 de novembro de 2020. A programación cultural de Burela para novembro inclúe varias representacións teatrais, a actuación de David Amor e a estrea do documental Honra. Debido ás novas restricións que aplicará a Xunta de Galicia desde o vindeiro sábado, 7 de novembro, haberá redución de aforo para asistir a todas estas actividades.
O vindeiro domingo, día 8, Ibuprofeno Teatro representará a obra O mel non caduca. Será no Auditorio Municipal ás 19:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O sábado 14 David Amor presentará o seu monólogo Love está en el aire. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.
O sábado 21 a compañía Teatro Andanzas porá en escea a obra Olvida los tambores. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas. E o domingo 22 tamén no Auditorio Municipal terá lugar a estrea do documental titulado Honra de Xabi Piñeiro e Breixo Llano.
Finalmente o sábado 28 Chévere Teatro representará As fillas bravas e o mito de Casandra. Será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e prezo da entrada é de 4 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que “no Auditorio Municipal se aplicarán as normativas en vigor en cada momento” e lembra que “haberá que levar máscara e hixienizar as mans, tal e como se ven facendo desde a chegada do covid ás nosas vidas”.
Colaboran na organización destes eventos: Xunta de Galicia, Agadic, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.


























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



