Foz, 9 de novembro de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclara que o edificio do antigo asilo e os terreos anexos son propiedade privada, da Fundación Martínez Otero, e o Concello non ten ningún dereito nin obriga sobre ese inmoble.
O rexedor municipal manifesta que “é intolerable que se xogue deste xeito coas veciñas e veciños de Foz. Por respecto a eles, teño que saír a desmentir un novo engano do actual portavoz do Partido Popular de Foz. Estamos acostumados a que cada certo tempo o actual portavoz do PP de Foz trate de venderlles aos veciños do noso concello un proxecto irrealizable. Normalmente -non é o caso- soe coincidir con citas electorais. Comezou co proxecto dun megaporto deportivo, imposible e inviable por unha cuestión tan clara como a falta de calado para as embarcacións. Máis recentemente, hai agora xusto dous anos, en novembro de 2018 o ex mandatario anunciaba a bombo e prato en prensa que o Concello de Foz ía dispor dun flamante novo auditorio na horta do actual asilo. Declaraba que había acordo co Padroado da Fundación Martínez Otero para a cesión dos terreos e que para o financiamento plurianual xa tiña prevista a reunión con Feijóo: todo era fume”.
“É intolerable que se xogue cos veciños e veciñas desta maneira. O que debería esixírselle é un mínimo de honestidade”, engade Fran Cajoto, quen explica que “o asilo e os seus terreos anexos, propiedade da Fundación Asilo Martínez Otero, están destinados a un fin conforme a un testamento. O actual portavoz do PP sábeo ben, xa que na súa etapa de rexedor era membro nado do padroado na súa condición de alcalde. Pero o máis grave de todo é que tratou de enganar á opinión pública cun presunto acordo inexistente e irrealizable coa Fundación: que explique publicamente se son legais as propostas que fixo conforme ao testamento. Que aclare se a Xunta de Galicia, responsable de velar dos fins da fundación a través do protectorado que exerce, o ve viable, posible ou factible. Enganou coa posibilidade de realizar neses terreos un auditorio e trata de enganar a todas as veciñas e veciños coa posibilidade que o Concello de Foz se faga cargo dun inmoble que non é da súa propiedade e que tiña un fin declarado polo seus benefactores. É máis, trata de pasar ao Concello de Foz unha responsabilidade sobre un ben privado que non é súa, xa que non ten ningún dereito nin obriga sobre o inmoble”.
O alcalde aclara tamén que “o Concello de Foz o que pretende é que un edificio tan emblemático como é o vello asilo non derive nunha ruína. E neso está a traballar, cunha relación cordial e fluída co Padroado da Fundación, baseada no respecto e na lealdade. Oxalá se poida recuperar a edificación á maior brevidade e que un espazo tan querido por todas e todos o podan seguir desfrutando as novas xeracións. Espero de verdade que isto non sexa unha manobra política para tratar de evitar que a situación do asilo se resolva definitivamente”.
Cajoto remata comentando que “o que non vamos facer en ningún caso é saltarnos a lexislación vixente nin tampouco faltar á verdade. Existen leis e normas e os representantes políticos debemos explicar a realidade, non adulterala. Aínda non chegou a oposición de altura, de propostas, que se afaste da mentira e que traballe de forma leal polo pobo de Foz; seguimos agardando”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



