Mc Automotive súmase a lista de socios de AciaFozCCA ao igual que o fixeron nas últimas semanas Triple A e O Sol Yoga Pilates.

O festival terá lugar os próximos 28, 29 30 de xuño e o 1 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore. A subdelegada destacou a máxima coordinación entre o Goberno, o Concello de Viveiro, a organización do evento e as forzas e corpos de Seguridade do Estado para garantir o bo desenvolvemento do ‘Resu’.
A actividade, organizada en colaboración co Concello de Cervo, permitiu ao alumnado achegarse por primeira vez ao mergullo deportivo, combinando formación teórica e práctica nun entorno seguro e controlado. A segunda parte da xornada, prevista na Praia da Caosa, tivo que ser adiada debido ao mal estado do mar, pero buscarase unha nova data para completar esta experiencia única en contacto co medio natural. A alcaldesa Dolores García Caramés destacou "a importancia de ofrecer oportunidades educativas que promovan hábitos saudables e poñan en valor o noso entorno".
Xebra fecha o curso por todo o alto, con Séchu Sende presentando este sábado, 21 de xuño, ás 20 horas 'O povo improvisador', re-editado por Através Editora. Conducirá o acto o investigador Xian Naia. A atividade chega a Burela cunha festa itinerante, o Regueifatour que aterra no local de Xebra cun espetáculo de improvisación oral.
O encontro está organizado polo motoclub A Cadeira, de recente creación. Unha das citas máis esperadas será a exhibición acrobática do piloto profesional Emilio Zamora, que terá lugar a partir das 19.30 horas do sábado no parque de San Roque. Tamén se ofrece un simulador de pilotaxe de moto GP, música en directo ou unha ruta turística o domingo pola mañá. Habilitarase ademais unha zona de acampada exterior e interior.
O sábado 21 sesión vermú con Costa Dorada, que repetirán pola noite xunto á orquestra Waykas. O domingo sesión vermú con Tania Veiras e Los Cumbiapop que repetirán en sesión de tarde. Ese día haberá posto de polbo.
Aproveitando a visita dos monarcas a Burela deste martes, José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, fíxolles chegar un comunicado que reflicte a difícil situación que sufre a factoría desde hai meses.
A cita será o próximo domingo día 22 de xuño ás 18:30h na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, un día pensado para os máis cativos, para que podan mostrar o aprendido durante todo o curso. Á parte do grupo anfitrión, este ano estarán acompañados pola Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Durante o acto, efectuaránse diferentes sorteos. As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde de música e baile tradicionais onde os máis cativos serán os protagonistas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital