Lugo, 12 de novembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprende e comparte a preocupación dos hostaleiros da provincia polo prexuizo económico que lle ocasiona ao sector o peche de locais de hostalería decidido pola Xunta para tratar de frear a expansión do coronavirus. A subdelegada recibiu esta mañá a una representación do colectivo de hostaleiros, encabezada polo presidente da APEHL, Cheché Real, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, que lle trasladaron as demandas do sector para paliar as perdas que lles ocasiona o peche dos seus negocios.
Isabel Rodríguez recolleu as súas peticións e lembroulles que o peche de locais de hostalería foi imposta pola Xunta de Galicia.
En todo caso, a subdelegada, que xa mantivo varias reunións nas últimas semanas coa asociación de hostaleiros da provincia, destacou que desde o pasado mes de marzo o Goberno adoptou numerosas medidas de apoio aos distintos sectores afectados pola crise orixinada pola pandemia, como poden ser os ERTEs, as axudas a persoas autónomas ou unha liña de avais do ICO.
Esta mesma semana, o Ministerio de Inclusión e Seguridade Social anunciou a flexibilización dos re quisitos para o acceso dos hostaleiros á prestación extraordinaria por suspensión de actividade destinada aos traballadores autónomos.
Deste xeito, os hostaleiros que non realicen servizo a domicilio ou de recollida en local poderán presentar unha declaración responsable para acceder a esta prestación. O importe da prestación oscila entre o 50% e o 90% da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desenvolvida. Ademais, queda exonerado de pagar as cotas pero o período cóntalle como cotizado.
Ademais, os traballadores autónomos, tanto se realizan actividade a domicilio como se non, poden solicitar a prestación compatible coa actividade se rexistran unha caída de facturación do 75% respecto ao último trimestre do ano pasado ou do 50% en relación co primeiro trimestre de 2020.
Ademais, a subdelegada informou aos representantes do sector da hostalería de que o Goberno traballa nun plan de apoio á hostalería consensuado coas comunidades autónomas e a FEMP, así como noutras medidas como a ampliación dos períodos de carencia e de amortización dos créditos ICO.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



