Lugo, 12 de novembro de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deu conta hoxe de que 1.350 familias da provincia cobraron no mes de outubro o Ingreso Mínimo Vital, unha prestación creada polo Ministerio de Inclusión e Seguridade Social, que supuxo un desembolso económico o mes pasado na provincia de 1.201.295 euros.
Isabel Rodríguez destacou que a creación do Ingreso Mínimo Vital é un dos fitos nas políticas sociais en España, unha importante iniciativa que forma parte do paquete de medidas sociais posto en práctica por este Goberno, que traballa no fortalecemento do Estado do benestar co obxectivo de protexer as persoas en risco de exclusión, especialmente nun momento de crise económica xenerada pola pandemia do coronavirus.
A subdelegada tratou deste asunto esta mañá na reunión que mantivo co director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, con quen avaliou o traballo que se realiza desde este organismo.
Na xuntanza, a subdelegada e o director provincial da Seguridade Social tamén trataron sobre a atención ao público nas oficinas do INSS. Rodríguez Gude detallou que a provincia de Lugo é a que ten menor tempo de espera para a atención aos usuarios, xa que se está dando cita no mesmo día ou para o día seguinte.
Tamén pasaron revista ao estado das obras de mellora en oficinas da Seguridade Social da provincia. En canto á construcción do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social en Viveiro, os traballos marchan dacordo coa planificación prevista e estarán rematadas o ano que vén. En canto ao plan para a reforma que se executará no CAISS de Monforte, está previsto que nas próximas semanas se adxudique a redacción do proxecto de obra.



















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



