Recoñézoo, eu era moi de Maradona. O, posiblemente, mellor xogador de fútbol da historia vén de finar. Atrás queda a historia dun home que partiu da nada máis absoluta e que fixo, máis que ninguén, chea de contido a frase de que o fútbol é un deporte do pobo.
Non, o “Pelusa” non foi un santo, mais nunca quixo selo. Viviu agarrado ao barco da fama e os cartos que fixeron dun pibe de condición moi baixa, un retrato grotesco do éxito. Porén, na miña opinión, iso non desvaloriza a súa figura, porque a Diego hai que entendelo como a unha estrela do rock: xenial, excesivo, airado.
Que queres que che diga, gosto máis deste perfil de estrela, humana con defectos, con caídas, con desbarres, aos politicamente correctos tipo Nadal, raiando no robótico da profesionalidade.
Non se pode amar a Maradona sen admiralo maldicindo entre dentes, con rostro retador no mundial do 90, cando o público italiano asubiaba o himno arxentino. Só a un astro como el se lle lembra por un gol ilegal, metido ao 50% coa man e o corazón.
A Maradona lle sobraron aduladores de ocasión, e porqué non dicilo, escenas pouco edificantes, pero así era el, da materia de grandes campións que simultanearon éxito deportivo e catástrofe persoal. A poesía da vida atópase entre as borracheiras de George Best, as couces anfifascistas de Cantona e as bágoas de perdedor solitario de Paul Gascoigne.
Maradona non era, obviamente, un exemplo no persoal para os nenos. Mais, admirando profundamente a Mauro Silva, as escenas que se lembran como máis apaixoadas do súper dépor son moi seguramente de Djalminha ou Diego Tristán, outro que tal baila (nunca mellor dito, no caso do andaluz).
Nos últimos anos coa aparición doutro crack tamén arxentino, Messi, a comparación estivo sempre presente. Quen era mellor?.
Eu quédome con Diego, con moito. Por carácter, por liderazgo, por conexión coas bancadas. Só o xa difunto gordito foi capaz de meter un gol tan cheo de épica, como o segundo a Inglaterra no mundial do 86. Só el puido imaxinalo antes de executalo. So el reverteu a guerra que os rivais gañaran polas armas só uns anos antes, para entregarlle o desquite a un país que necesitaba limpar feridas. Non só meteu o gol do século, senón que paralelamente provocou a narración máis emotiva que se lembra dun tanto. “A que planeta te fuiste barrilete cósmico?”. “Gracias Dios por el fútbol”. “Gracias Dios por Maradona”.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



