Lugo, a 27 de novembro de 2020. O grupo provincial do PP anuncia que votará contra o proxecto de orzamento da Deputación para 2021, porque, en síntese, non son as grandes contas que precisa a provincia para un ano tan complicado como será o próximo. Á vista de como se xestou o orzamento e do seu contido, os populares consideran que “a Deputación deixou de ser un punto de encontro a favor da provincia, como foi no anterior mandato, e deixou de ser útil a Lugo, quizá debido a que o socialista José Tomé é un presidente a tempo parcial”. Neste sentido, o PP destaca que “se conxela o importe do Plan Único e diminúe considerablemente o capítulo VI, de inversións reais, o que é algo inexplicable cando é preciso estimular a economía e a creación de emprego”
O deputado e viceportavoz do PP, José Antonio García, di que a conformación do orzamento para 2021 supuxo “un novo desprezo do presidente Tomé ao grupo popular”. Explica que “por primeira vez en anos non se consultou o orzamento co grupo que representa a máis lucenses e a máis concellos”. Na mesma liña, García indica: “Tomé rompeu o consenso que naceu hai anos”.
En canto ao contido do proxecto orzamentario, José Antonio García, fai o seguinte resume: “decepcionante”. “É un orzamento que foi cualificado de continuista polo propio presidente Tomé, e continuísmo é precisamente o que non necesita a provincia para afrontar un ano tan especial como será o 2021, que esperemos que sexa o da saída desta crise sanitaria e económica”. Agrega o mesmo deputado provincial: “Coa situación que vive a provincia, o orzamento non pode ser continuista, ten que estar pegado á realidade da provincia para responder ás necesidades reais dos lucenses”.
José Antonio García apunta que o proxecto orzamentario suxire certa vagancia por parte do goberno provincial, sinaladamente do seu presidente. “Só así se pode entender que rompa a liña de consenso que se veu mantendo e que non buscara solucións consensuadas para as grandes contas dun ano difícil como será o 2021”.
Os populares están convencidos de que o goberno provincial deseñou a proposta orzamentaria polo procedemento de corta-pega, “esquecendo –di García- que é o instrumento máis importante para a provincia, ao que converten nun documento só de carácter administrativo lonxe dos problemas reais dos lucenses”.
O mesmo deputado popular destaca a pouca importancia que dá o presidente Tomé ao orzamento para o próximo exercicio. “Inclúeo na orde do día dun pleno no que tamén figura a liquidación de Suplusa, dous asuntos importantísimos”. García está convencido de que Tomé intenta tapar a extinción de Suplusa co debate orzamentario. “E con eses dous temas na orde do día, convoca a sesión plenaria para as 13.00 horas; iso parece indicar que non vai deixar ampliar os tempos de intervención”. Agrega: “Parece que Tomé quere liquidar rápido tan importantes asuntos para coller as vacacións de Nadal”.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



