Ribadeo, 27 de novembro de 2020. O grupo teatral A Mariña presentará en Ribadeo A maxia dos sentimentos. Será o domingo, 29 de novembro, no Teatro. A obra está destinada ao público infantil.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “a través do ciclo de teatro afeccionado As táboas da emoción, organizado pola Deputación de Lugo, está previsto que actúen en Ribadeo o grupo Os Palimoquiños e o que leva o nome da comarca, A Mariña”.
A edil dixo que “A Mariña presenta destinada a público infantil a función de 45’ de duración A maxia dos sentimentos, dirixida por María José Nóvoa.O grupo teatral A Mariña xurde en 2015 co fin de promover o desenvolvemento de actividades culturais que contribúan a mellorar a calidade de vida de persoas con enfermidade mental. Ata o de agora, as obras representadas foron O cazo de Sabela, A marabillosa mente de Alicia e Eres único: teatro contra o bullying. A través do teatro, o que busca este grupo é concienciar sobre diferentes temas, rompendo aqueles estereotipos que rodean ás persoas con enfermidade mental, amosando así mesmo as súas capacidades”.
Otero engadiu que “o grupo está formado por un número variable de 5 a 12 persoas entre monitores e usuarios dos distintos centros que a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña ten na Comarca (Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral en Burela e Ribadeo, Piso Protexido en Burela, Vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental e Unidade Residencial en Cervo)”.
A función terá lugar o domingo, 29 de novembro, ás 17.30 horas no Teatro de Ribadeo e a entrada será de balde.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



