RIBADEO (FNC) .- Do 22 ao 30 de maio Ribadeo acollerá a I Ruta de Compras, que organizan ACISA e o Centro Comercial Aberto coa colaboración do Concello. Unha campaña que coincide coa quinta edición do Ribadeo de tapeo para dinamizar aínda máis a vila ao longo de todos estes días. Na Ruta de Compras participan 61 establecementos asociados a ACISA e o CCA que ofrecerán aos seus clientes descontos que oscilarán entre o 3 e o 50%.
Francisco Iriarte, presidente de ACISA e CCA, sinalou que “esta campaña vai vinculada ao Ribadeo de tapeo que fai o Concello a través da Área de Desenvolvemento Local. Queremos apoiar esa cita e que as tendas asociadas ao CCA tamén participen dalgún xeito nesta quinta edición da ruta de tapas. Faremos publicidade con dípticos e carteis da Ruta de Compras para que todo o mundo coñeza os descontos e as ofertas que farán nestes días os nosos establecementos asociados”.
Iriarte considera que “así a colaboración co Ribadeo de tapeo será máis importante porque entre todos tentamos atraer máis xente á nosa vila. Os clientes dos bares e restaurantes poderán selar tamén as súas cartulinas nas tendas participantes na Ruta de Compras, ao mercar nos nosos establecementos. Poderán conseguir un máximo de catro selos comodín”.
ACISA e Centro Comercial Aberto participan con diversos premios na quinta edición do Ribadeo de tapeo, unha viaxe a un balneario, un vale de compra de 300 euros, unha cámara de fotos doada por Informática Cero Uno, un mp4 xentileza de PC Coste, un lote de produtos doado por Bodegas Ribeirao e un lote de libros de cocina de Gráficas Santiago.
No acto de presentación celebrado hoxe nas instalacións de ACISA e CCA o alcalde de Ribadeo aproveitou para felicitar publicamente ao novo presidente do colectivo, Francisco Iriarte, “sempre mantivemos o Concello e o CCA unha especial relación e agora seguirá sendo igual de boa que era e tentaremos facer máis cousas en conxunto. Eu creo que desta iniciativa que agora se presenta enmarcada no Ribadeo de tapeo se debe extraer algunha conclusión, que cando as cousas se fan en conxunto saen mellor, a unidade de acción é moi importante, ás veces con menos cartos ou cos mesmos recursos se poden facer máis cousas cando se fan de xeito coordinado”.
Para Fernando Suárez “é unha boa cousa que a xente veña a tomar un viño e unha tapa e que ao mesmo tempo acudan e aproveiten para comprar en Ribadeo. Este matrimonio que temos CCA e Concello debería seguir no tempo facendo máis actuacións. É fundamental facer este tipo de actividades en momentos baixos de afluencia de xente a esta zona, e así tamén se pode plantar cara a outras iniciativas que desenvolven algunhas grandes áreas comerciais a máis de 100 quilómetros de aquí. Con estas iniciativas conxuntas estamos dando unha imaxe de fortaleza de cara ao exterior moi importante”.

























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



