Lugo, 27 de novembro de 2020.- A área de Mocidade, dirixida por Mónica Freire, financiará a construción, ampliación e mantemento de tres parques nos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada.
A deputada nacionalista anunciou o investimento tras aprobarse o encargo das obras á empresa pública Tragsa na Xunta de Goberno deste venres. O acordo dá luz verde á realización dos traballos, recollidos no convenio interadministrativo asinado coas alcaldesas de Trabada e Barreiros Mayra García e Ana Ermida e co alcalde de Ribadeo Fernando Suárez.
Mocidade destina 91.000 euros á execución das obras, que mellorarán a dotación de espazos de ocio nos tres concellos mariñaos. A previsión da área é que os traballos poidan comezar de forma inmediata, a comezos do mes de decembro. O periodo de execución é de catro meses, polo que quedarán rematadas na primavera de 2021.
En Trabada, crearase un parque infantil nun terreo situado na rúa do Concello, cun investimento de 19.600 euros por parte da área provincial.
O concello de Barreiros recibirá unha achega de 22.000 euros para a creación dunha pista de skate en San Cosme de Barreiros, na Praza do Teleclube, cunha achega de 22.000 euros por parte de Mocidade.
En Ribadeo, o goberno provincial financiará a reposición e ampliación do parque situado na Avenida Rafael Fernández Cardoso cunhaachega de 49.000 euros.
A deputada nacionalista sinalou que “as zonas de ocio son fundamentais para o xogo e a socialización na infancia e na adolescencia, franxas de idade das que temos que coidar especialmente nos concellospequenos nos que o reto é fixar pobaoción”
Os traballos serán realizados pola empresa pública Tragsa, na súa condición de medio propio da Deputación de Lugo. Nese senso, Mónica Freire subliñou que a xestión permite “a utilización conxunta de medios e servizos públicos e un uso máis eficiente dos recursos”. Tamén incidiu na necesidade de “propiciar acordos que reforcen a colaboración entre concellos con intereses e demandas comúns”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



