Viveiro, 2 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa de que o próximo sábado, 5 de decembro, ás 18:00, terá lugar o acendido das luces de Nadal no municipio. Ademais, continuando cos actos tradicionais destas datas, o domingo 6 de decembro, ás 10:00, abrirase ao público o belén “Viveiro ante o berce”, no atrio da Igrexa de Santa María. Por mor do contexto sanitario, este ano, o belén abrirase ao público sen facer un acto de inauguración, co obxectivo de evitar aglomeracións.
O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único. Coa fin de respectar as medidas sanitarias para conter a pandemia, o belén conta un protocolo COVID-19 que engloba as seguintes medidas:
– A visita só pode realizarse nun sentido, estando habilitadas unha única entrada e unha única saída.
– O uso de máscara é obrigatorio.
– Os visitantes deberán circular sempre seguindo o percorrido marcado e respectando a distancia de 3 metros con outros visitantes e/ou grupos.
– Nos accesos ao belén, o público que estea esperando deberá respectar tamén a distancia de seguridade de 3 metros.
– Está prohibido tocar calquera elemento do decorado.
– Os visitantes respectarán en todo momento as indicacións do persoal.
– Prégase que, unha vez rematada a visita, os visitantes abandonen as inmediacións do recinto para evitar aglomeracións na saída.
– Reforzouse a vixilancia no belén, sobre todo nas horas puntas.
En calquera caso, dende o Concello de Viveiro recordan prestar atención ás indicacións establecidas en cada momento polas autoridades competentes, especialmente no relacionado co número máximo de persoas por grupo.
Cómpre destacar que o Concello de Viveiro organiza o belén “Viveiro ante o Berce” en colaboración coa Deputación de Lugo, que financia integramente a súa montaxe, responsabilidade da Asociación Amigos do Casco Vello.
Dende o Concello de Viveiro, anímase á veciñanza e ós visitantes a achegarse ao municipio para gozar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir desta fin de semana co acendido da decoración. Tamén recomendan achegarse ao belén “Viveiro ante o berce”, mais piden planificar esta visita para acudir nos momentos menos concorridos, co obxectivo de evitar aglomeracións. Por último, o Concello de Viveiro apela á responsabilidade individual para cumprir coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias e poder gozar así das actividades propostas este Nadal a pesar do contexto sanitario.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



