Viveiro, 12 de decembro, 2020. Este sábado comezou a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.
As rúas respiran aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornará votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque, dando máis vida a estes árbores. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano confían e apostan polo comercio local para facer as súas compras sortearanse 3.000€ en premios. Os dias 17, 18 e 19 de Decembro poranse en xogo a “Ruleta do Nadal”, que este ano debido á situación que vivimos será de xeito virtual. Acadar un premio é moi sinxelo, cas compras de mínimo 20€ nos negocios asociados entregarase un ticket cun código qr a través do cal acceder á ruleta de nadal e poder gañar un premio directo. Os premios van desde cestas de Nadal, xamóns, packs doces, bonos para sesións de beleza e benestar, entradas dobres para o cine e vales por valor de 20€.
Dende o día 21 ata o 24, en colaboración có Concello de Viveiro, instalarase na entrada do Teatro Pastor Diaz “O buzón de Papá Noel” onde estára un elfo que recollerá as cartas dos nenos e nenas. Os pais e nais poderán empregar a app web www.ospasosdoelfo.com para facer unha gymkana con xogos en familia que os irán conducindo polo municipio ata chegar ao Elfo.
O CCHV tamén formará parte da campaña “Este Nadal o comercio da provincia de Lugo máis preto de ti” da man da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio provincial, onde se porán en xogo 10.000€ en tarxetas regalo. A forma de participar é moi sinxela, basta con sacar unha foto ó tícket de compra e subila á web www.lugonadal.com Con cada tícket unha posibilidade de gañar algunha das 20 tarxetas prepago de 300€ e 200€, e os tickets son válidos dende o 6 de decembro ó 6 de xaneiro.
Neste mes de decembro os negocios abrirán as súas portas en algúns días festivos para que os clientes poidan realizar as súas compras navideñas no comercio local, sen ter necesidade de desprazarse. As aperturas serán os domingos 20 de decembro, e o domingo 3 de Xaneiro.
Este ano queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartirán entre os negocios asociados, 10.000 bolsas de papel, pegatinas e lazo personalizado do CCHV, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



