O Valadouro, 12 de decembro, 2020. O pasado venres, día 11 de decembro, presentouse no Salón de Actos da Casa da Cultura do Valadouro a novela de Pepe Peinó “Bica de Montouto”, que resultou gañadora do V Certame Balbino de Relatos, que organiza a Editorial Fervenza e que conta co patrocinio da Fundación Xosé Neira Vilas de Gres (Vila de Cruces), da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Pontevedra e dos concellos de Vila de Cruces, Boqueixón e Silleda.
Ao acto, á parte do autor, asistiron Manuel Núñez (representante da editorial Fervenza), Fernando Redondo (Presidente da Fundación Neira Vilas), Xosé Manuel Lobato (membro do Xurado que elixiu ao gañador), Bernardo Penabade (prologuista da obra) e Antón Caxoto (autor do deseño da portada do libro). Contouse tamén coa actuación dun cuarteto de corda con músicos das escolas de música de Burela e Xove: Bruno Pedre, Xacobe Pedre, Eva Lastra e Gabriela Pedre.
A obra gañadora desenrólase arredor da temática do despoboamento rural en Galicia. Catro vellos, os últimos habitantes da aldea de Montouto, únense para intentar salvar a súa aldea e o seu modo de vida. Unha historia triste, como son moitas das historias dalgunhas aldeas galegas que se están quedando sen xente.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



