Ribadeo, 19 de decembro de 2020. Ata o 5 de xaneiro poderase visitar en Ribadeo na contorna da praza de abastos o Mercadiño de Nadal, que abriu as súas portas hoxe. Conta con 14 postos nos que atoparemos produtos de alimentación, artesanía, decoración de Nadal ou cerámica, entre outros.
O horario é polas mañás de 12 a 14 horas e polas tardes de 17 a 21:30 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, que pechará ás 20:00 horas, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, que só abrirá pola tarde de 18:00 a 21:30 horas.
O Mercadiño de Nadal estará animado por concertos itinerantes, pola mañá e pola tarde, en diferentes datas a cargo do grupo da Escola Municipal de Música e Danza, como ocorrerá hoxe e mañá e tamén os días 26 e 27 de decembro. Pola contorna da praza de abastos tamén pasarán grupos musicais como Grupo Moreda, Viajeros del Swig ou Bregadiers.
Ata o Mercadiño de Nadal se achegaron hoxe o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolmento Local, Pablo Vizoso, de Medio Ambiente, Jorge Díaz, de Medio Rural, Jesús Mundiña, de Cultura, Pilar Otero e de Igualdade, Mariluz Álvarez. Realizaron un percorrido polo Mercadiño e visitaron a Casetiña Máxica, pensada para os máis pequenos da casa, na que as nenas e os nenos de Ribadeo poderán depositar no buzón real as súas cartas para Melchor, Gaspar e Baltasar.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



