Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2020. A Xunta traslada a súa preocupación ante as cuestións publicadas sobre a pesca no marco do acordo do brexit acadado este xoves entre a Unión Europea e Reino Unido. A falta de coñecer información oficial dos seus termos por parte do Goberno central, que é quen participou na negociación, o Executivo galego considera que unha vez máis a pesca foi empregada como moeda de cambio en Europa pese as advertencias e peticións realizadas para que na negociación non se traspasara esa liña vermella. Neste sentido, Galicia non se vai conformar con compensacións por este acordo e será belixerante e contundente para recuperar os dereitos de pesca perdidos no acordo do brexit.
A Xunta agarda a coñecer o texto do acordo definitivo para valorar as posibilidades de defensa da cadea mar-industria de Galicia. Non obstante, segundo a información transcendida, o acordo é sumamente negativo porque semella que se entregou de forma definitiva á frota británica o 25% das cotas de pesca europeas -cargando máis nas especies peláxicas como o xurelo, a xarda ou o lirio- para comprar o acceso ás augas do Reino Unido durante só cinco anos e medio.
O Goberno galego considera isto alarmante para a frota galega, tanto a curto como a medio e longo prazo. A curto prazo porque os barcos perderán cotas importantes de pesca e posibilidades de intercambio que axudaban a facer rendibles as frotas e as lonxas (onde as descargas procedentes do Gran Sol constitúen o maior volume de facturación).
Os efectos a medio prazo pasan porque a posibilidade de renegociación en 2026 da contraprestación ao Reino Unido en forma de cotas poderá derivarse contra especies demersais, como a pescada, o gallo ou o rape, nas que a frota galega basea as súas pesqueiras. A Xunta tamén considera alarmante o acordo a longo prazo porque semella que se estragou a última posibilidade de facer forza nunha negociación ao entregar o acceso aos mercados europeos dos produtos mariños británicos.
A isto hai que engadir as perdas e dificultades que supón este acordo, por unha banda para a frota que faena en augas do Gran Sol, pois perde parte dos seus dereitos e posibilidades de pesca directas e ademais en cinco anos deberá renegociar ano a ano un acceso que vai ser minorado en termos de posibilidades de pesca. Por outra banda, tamén afecta aos barcos que faenan nas augas do Cantábrico-Noroeste, porque as cesións a Reino Unido relacionadas coas especies peláxicas poñen moito máis difícil acadar cotas ampliadas de especies coma a xarda, o lirio ou o xurelo.
Galicia tamén considera negativo que Reino Unido abandone a Política Pesqueira Común (PCP), pois non sufrirá a aplicación de aspectos de difícil cumprimento que este mesmo Estado propugnou para a súa incorporación á PCP como a normativa sobre a eliminación de descartes. Tampouco terán que aplicar aspectos relativos á sustentabilidade como a minoración de frota ao ver aumentadas as súas cotas cos novos arranxos para a ordenación conxunta de máis de 100 poboacións de peixes que parece que tamén poderán seguir pescando en augas UE.
Para Galicia todo isto demostra que a pesca é de novo empregada como moeda de cambio como aconteceu cando España entrou na Comunidade Económica Europea, un proceso no que a frota resultou prexudicada. A comunidade galega advertiu en numerosas ocasións deste risco, a última o pasado sábado cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo trasladou por carta ao Goberno central a súa preocupación en relación coa deriva das negociacións sobre o brexit en materia pesqueira.
Galicia sempre apostou e aposta por un acordo que permitise manter o statu quo mediante o acceso da frota comunitaria ás augas británicas a cambio da entrada dos produtos pesqueiros do Reino Unido no mercado comunitario sen ningún tipo de arancel. Trátase da proposta que a comunidade defendeu desde o principio e que beneficiaría ás dúas partes pois Europa conta cunha importante frota que faena en augas británicas e o mercado comunitario é o principal destinatario dos produtos pesqueiros do Reino Unido.


















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.



