CERVO .- Hoxe está previsto que comece o programa de actividades e obradoiros de carácter educativo “Educ@ndo” que pon en marcha a delegación de Educación do Concello de Cervo coa colaboración da empresa IG-10 e cuxo obxectivo é ofertar unha serie de actividades para os alumnos de ensino infantil, primaria e secundaria do noso concello e tamén para as súas familias.
Esta iniciativa, de carácter gratuíto, prolongarase durante un mes. Os talleres desenvolveranse nas aulas dos tres centros educativos do concello fora do horario lectivo e son de moi diversas temáticas.
Hoxe abrirase a xeira de actividades con talleres de inglés, mecanografía, informática, internet, interacción social e autoestima; xincanas matemáticas e obradoiros de coeducación para fomentar os seus coñecementos na igualdade de valores. Tamén está previsto desenvolver actividades de animación á lectura e xogos con contos como temática principal; así coma unha actividade denominada “libro vivo”, que se vai desenvolver a través da web municipal e mediante a cal se busca a creación de contos e historias elaboradas conxuntamente por distintos rapaces e rapazas a varias mans, propiciando o uso pedagóxico do ordenador e fomentando hábitos de lectura e de escritura.
Ademais, tamén hai previsto unha serie de talleres que van dirixidos a os nenos e ás súas familias. neste caso os talleres centraranse en temas coma a animación á lectura, técnicas de estudio e interacción social.
Segundo indicou a concelleira de Educación do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, o programa “Educ@ando” ten por obxecto “servir nalgúns casos coma reforzo para os rapaces nesta recta final do curso escolar; e noutros casos de complemento para á súa formación e tamén a dos seus pais”.
A responsable da área de Educación local agradeceu a colaboración amosada tanto polos equipos directivos coma polos consellos escolares dos tres centros de ensino do municipio “os cales cederon moi gustosamente as súas instalacións para que se podan desenvolver estas actividades” sinalou
Pedreira convidar a toda a comunidade escolar de Cervo e aos seus pais para que participen nesta actividade. “Estamos seguros que estes talleres terán unha boa acollida e xa podo adiantar que en datas vindeiras temos previsto darlle continuidade a esta iniciativa cunha programación de actividades que combinen a diversión coa formación dos nenos e nenas do noso municipio durante os meses de verán”.
CONCELLO DE CERVO
O período de desenrolo das demais é do 18 de Maio (xa que 17 festivo) ao 18 de Xuño. As de tardes no IES en S. Ciprián e no CEIP en Cervo, e as que poñen despois de comedor, cada unha no CEIP correspondente entre a saída do comedor e a entrada de novo a clase.
As actividades que están en vermello só se farán en días concretos e non teñen a continuidade das outras.
- LIBRO VIVO: Dúas presentacións de 1,5 h. para cada grupo, e logo a través da web do concello, para comezar a finais de maio.
- PROTOCOLO DE ACTUACIÓN: Absentismo escolar e PUNTO RENG@NCHATE: Charla de 1,5 h. en Cervo e outra en S. Ciprián.
- COÑÉCETE: Ó igual que a XINCANA Matemática, pode realizarse dúas tardes, e outra para familias…nunha sesión intensiva de 2 ou + horas.
O resto de obradoiros son:
- SOMOS IGUAIS, SOMOS DIFERENTES son obradoiros en xeral de COEDUCACIÓN, igualdade, valores…
- PRESÉNTATE e un obradoiro sobre o power point e as webquest, faise todo a través de ordenador e internet.
- INFORMÁTICA, INTERNET E MECANOGRAFÍA I: nocións básicas destas tres cousas, tamén en aulas con ordenadores
- XINCANA MATEMÁTICA: xogos matemáticos nunha xornada intensiva: loxica, puzzles, orientación…
- COÑÉCETE, SÁCATE PARTIDO: test de personalidade, interaccións sociais…autoestima…
- LUDOCONTOS: actividades e xogos como temática principal o conto
- I PLAY I TALK : inglés con audios, videos, xogos, fichas…para E.I e primaria.
Máis información: Lucía Lage, Coordinadora Area Educación IG10 “xestión deportiva, educativa, animación e tempo libre”. Telf: 608018354






















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



