Cervo, 29 de decembro de 2020. Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego, conformada polo deputado no Congreso, Néstor Rego; o deputado no Parlamento galego, Daniel Castro; a deputadas provincial, Mónica Freire; a responsábel comarcal, Ana Ermida, así como representantes municipais do BNG de Cervo e Xove, vén de reunirse con representantes do Comité de Empresa e da Plataforma de Empresas Auxiliares de Alcoa para avaliar conxuntamente a situación após á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza.
O deputado nacionalista declarou que esta sentenza é unha boa noticia porque paraliza o ERE que a empresa tiña iniciado e dá máis tempo para traballar na busca dunha solución definitiva que lle dea estabilidade á actividade na Mariña e garanta a continuidade dos postos de traballo. O BNG xunto cos representantes das e dos traballadores analizaron a situación actual e deron conta das iniciativas que a formación nacionalista ten presentado nas distintas institucións quer no Congreso quer no Parlamento da Galiza para lograr unha solución definitiva para Alcoa que permita o mantemento da actividade e dos postos de traballo. Entre estas iniciativas atópanse desde Proposicións Non de Lei até emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para que se dotase dunha partida de 200 millóns de euros que permitise a intervención pública de Alcoa.
O BNG entende que a sentenza do TSXG, é unha magnífica noticia e unha vitoria do conxunto de traballadores máis non é a solución definitiva. Esta terá que vir da man das Administracións públicas do Goberno do Estado e do Goberno galego pola vía desa intervención que continua sendo absolutamente necesaria. Rego afirmou que o BNG continuará traballando nesa liña reclamando tamén que Alcoa reactive toda a produción para garantir que non se perden máis postos de traballo.
Néstor Rego mostrou o seu apoio á folga que manteñen os traballadores e traballadoras, e cualificou de clave esa presión laboral e social que existe na Mariña, e anunciou que o BNG vai manter a presión política, para que se inicie a intervención.
Rego manifestou tamén que o Estatuto do consumidor electrointensivo que ven de aprobar o goberno non supón unha solución para o sector industrial do noso pais e anunciou que o BNG presentará propostas para melloralo na mesma liña que as alegacións presentadas no seu día ao proxecto.
Por outra parte, o deputado nacionalista destacou que outro dos piares económicos fundamentais da Mariña é a pesca e acabamos de ver como a comarca sae novamente prexudicada do acordo entre o Reino Unido e a Unión Europea. O BNG traballará neste ámbito para defender a nosa pesca e así garantir o seu futuro evitando que A Mariña estea en constante crise social e económica.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



