Lugo, 30 de decembro de 2020. A Consellería de Emprego e Igualdade destina 94.700 euros a facilitar a contratación de 10 axentes de emprego e desenvolvemento local que prestarán servizo noutros tantos concellos da Mariña.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que a Administración galega reedita un ano máis este programa, que contribúe a configurar unha rede especializada que potencia o papel das entidades locais como motor de dinamización económica local. Os municipios beneficiarios nesta área son Ribadeo, Cervo, Barreiros, Xove, Mondoñedo, Lourenzá, O Vicedo, A Pontenova, Ourol e Foz.
Os axentes de emprego teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial, apoiando a constitución de pequenas e medianas empresas no municipio. Desempeñan diversas tarefas como promotores de actividade, prospectores de mercado ou asesores puntuais de proxectos de empresa.
Entre outros cometidos, analizan a evolución e repercusión das medidas activas de emprego na súa zona de actuación, e colaboran co resto dos integrantes da rede na procura da mellora da súa calidade, intercambiando coñecementos e experiencias, así como desenvolvendo actividades e proxectos conxuntos. Deste xeito, favorecen a existencia dun tecido empresarial máis estable, a diversificación de actividades e, sobre todo, un crecemento económico sostido.
Os contratos asínanse por un ano e a Xunta colabora no financiamento dos custos salariais totais dos axentes, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos. A porcentaxe da axuda depende do número de persoas desempregadas rexistradas no municipio ou de que se unan varios concellos para prestar o servizo.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



