LUGO .- Preto de 100 persoas redescubrirán esta semana a Mariña e o Concello de Lugo cunha viaxe en helicóptero, incluída na modalidade Xtreme de Km0. En total, dende que a Deputación puxo en marcha esta iniciativa en setembro de 2009, 384 solicitantes individuais sobrevoaron durante quince minutos a provincia dende as tres bases establecidas: Villaframil (Ribadeo), Rozas (Lugo centro), e Pobra de Brollón (zona sur).
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a un grupo de AFAMMER de Foz e a outro de solicitantes individuais no Pazo de San Marcos dentro do programa medio ambiental. Os 48 veciños de Foz desprazáronse ata a Ribeira Sacra, onde visitaron a adega Abadía da Cova e fixeron un percorrido en catamarán dende Chouzán a Igrexa, ademais de subir ó miradoiro de Cabo do Mundo. Así mesmo, os 48 solicitantes individuais sobrevoaron a ría de Ribadeo en helicóptero. A ruta tamén incluíu unha visita ó Mosteiro das Clarisas e ó casco histórico deste Concello mariñán.
O mércores, 48 integrantes da Asociación de Veciños “Augas Férreas de Vileiriz” (Páramo) decantaranse pola Montaña. Nesta zona da provincia, visitarán as pallozas do Piornedo e o pobo de Donís. Ese mesmo día, outras tantas persoas visitarán Avifauna e redescubrirán o Concello de Lugo en helicóptero.
Finalmente, o xoves 48 membros da Asociación de Veciños de Salcedo (Pobra de Brollón) viaxarán ata o Concello de Ribadeo. Neste caso, o itinerario incluirá unha visita ás praias das Catedrais e dos Castros, ó porto de Rinlo e ó aeródromo de Villaframil.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



