A MARIÑA .- Asociacións veciñais de A Mariña designaron representantes na comisión de participación cidadá en materia sanitaria na que non estaban incluídas entidades veciñais da costa lucense. Esta comisión preséntase o venres en Santiago.
As asociacións de veciños de A Mariña estarán representadas na citada comisión por Fátima Rodríguez Moreda da asociación O Castro de Foz, Manuel Rodríguez Maseda da asociación de veciños do Barrio de Forxán en Foz, Carlos Saa Fernández de O Vencello de Burela e Francisco José Campos Dorado de O Tesón de Ribadeo. Existe unha lista de suplentes.
Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA CONXUNTA SOBRE A COMISIÓN DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ EN MATERIA SANITARIA
Asinantes:
Asociación de Veciños “O Castro” de Foz
Asociación de Veciños de Forxán
Asociación de Veciños de Cangas
Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela
Asociación de Veciños “O Tesón” de Ribadeo
Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao
Con motivo da presentación das Comisións de Participación Cidadá en materia sanitaria que terá lugar o vindeiro venres 31 de outubro en Santiago de Compostela, as Asociacións de Veciños “O Castro” de Foz, de Forxán, de Cangas, “O Vencello” de Burela, “O Tesón” de Ribadeo e “Cruz da Venta” de San Cibrao queren facer pública a lista dos seus representantes para a área sanitaria Cervo-Burela:
A) Titulares:
1. Fátima Rodríguez Moreda
Asociación de Veciños “O Castro” – Foz
2. Manuel Rodríguez Maseda
Asociación de Veciños do Barrio de Forxán – Foz
3. Carlos Saa Fernández
Asociación de Veciños “O Vencello” – Burela
4. Francisco José Campos Dorado
Asociación de Veciños “O Tesón” – Ribadeo
B) Suplentes:
1. Marcelino Cao Pedreira
Asociación de Veciños San Pedro de Cangas – Foz
2. José Roda Vázquez
Asociación de Veciños “Cruz da Venta” – San Cibrao (Cervo)
3. Atilano Fernández Fernández
Asociación de Veciños “O Castro” – Foz
4. Teresa Pardo Correa
Asociación de Veciños “O Vencello” – Burela























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



