Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021. O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solicítalle á Xunta de Galicia unha mesa do diálogo social para aplicar no noso país o contido do acordo en materia de dependencia a que se chegou o pasado 14 de xaneiro en Madrid. A secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO salienta que o dito acordo prevé desenvolver un plan de choque, aprobado xa polo Consello Territorial do Sistema de Atención á Dependencia (SAAD), onde están representadas as comunidades autónomas.
CCOO leva moito tempo denunciando eivas no SAAD en Galicia, cuxa situación se agravou por mor da pandemia da covid-19. Para reverter os efectos de anos de recortes, así como as deficiencias estruturais que prexudican o sistema e as persoas usuarias, o sindicato xa reivindicara un plan de choque para relanzar o sistema de atención á dependencia.
O plan de choque, así como outras medidas complementarias, están recollidas no extenso informe O sistema de atención á dependencia en Galicia: prestacións e emprego, elaborado polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e dispoñible en internet para a consulta pública.
Menores listaxes de espera, menos precariedade laboral
Para desenvolver o pacto estatal e o seu financiamento, asinaranse acordos bilaterais entre o Goberno de España e cada comunidade autónoma. O obxectivo é conseguir reducir substancialmente a listaxe de espera no sistema e os tempos de tramitación das solicitudes, ademais de garantir as axeitadas condicións laborais do sector e a calidade das prestacións ofrecidas.
CCOO considera especialmente importante que o acordo recolla uns mínimos canto a dotación de persoal, así como a inclusión nos pregos de contratación da garantía de cumprimento do convenio colectivo sectorial aplicable e o aumento dos prezos para reducir a precariedade —que é unha das principais eivas no ámbito laboral.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



