Barreiros, 12 de febreiro de 2021. O Concello de Barreiros vén de aprobar a liquidación do orzamento do 2020 na que se amosa unha clara tendencia de recuperación económica “froito do control nos gastos realizados e do rigor co que se traballa a nivel económico”, explica a alcaldesa barreirense.
O resultado do exercicio no relativo á estabilidade orzamentaria, que levaba varios exercicios en negativo, pasou de ser -453.064,66€ no ano 2019 a amosar no exercicio 2020 un resultado positivo de 517.247,12€; o que supón unha melloría de preto dun millón de euros.
O resultado da liquidación do exercicio 2020 amosa tamén unha maior axilidade nos pagos por parte do Concello de Barreiros, pasando de 83 días no 2019 a 48, no 2020. “Este indicador é moi importante porque afecta directamente ás empresas e persoas autónomas que traballan para o Concello, axilizando e normalizando os pagos da administración local e xerando unha confianza que axuda a dinamizar a economía local, xa que a realidade dos pagos con carácter xeral é mellor que a media”, explica a alcaldesa. “En calquera caso, aclara, a intención deste goberno é realizar todos os pagos dentro do prazo estipulado dos 30 días e trataremos de seguir traballando para axustar esa cifra.”
No relativo á capacidade de financiación do Concello, os resultados obtidos permiten que no caso de precisar concertar operacións de crédito a longo prazo, non sexa necesaria a autorización autonómica, como era ata este momento derivado da situación económica.
O informe emitido por secretaría-intervención sinala que “as magnitudes orzamentarias melloraron considerablemente” e, aínda que dúas delas permanecen en signo negativo, logrouse o cumprimento de todas as demais regras orzamentarias.
A alcaldesa sinala que “o traballo realizado no ano 2020, no que se xestionou o orzamento na súa totalidade -xa que o orzamento do 2019 estaba practicamente executado no momento da chegada do novo goberno municipal-, especialmente no relativo ao rigor e control dos gastos permite hoxe albiscar unha situación un chisco máis positiva.”
A rexedora non oculta que “a situación económica de Barreiros dista aínda moito de ser de alivio, xa que se arrastran gastos que haberá que afrontar e poden darse situacións delicadas que poderían ter un forte impacto nas arcas municipais; mais o que vén a amosar é que o esforzo colectivo realizado neste ano permite encamiñar a situación para poder afrontar investimentos moi necesarios no medio prazo e non comprometer a economía municipal.”
Ermida amósase tamén satisfeita de que ese control de gasto evitara ata este momento ter que incrementar a carga impositiva na veciñanza, que tería asumido directamente a situación económica previa.
A alcaldesa sinala que, tal e como recolle o informe de secretaría-intervención, “deberemos seguir nesta senda de control do gasto e mantemento dos ingresos para que a situación do Concello non sexa tan axustada e permita facer fronte a posibles imprevistos na administración local.”


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



