Burela, 20 de febreiro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS pecha a semana de dobre compromiso en terras mañas repetindo portería a cero e vitoria, a décima das Guerreiras, para reafirmarse no liderado do Grupo B. Fronte a Sala Zaragoza, o conxunto de Julio Delgado e Lucas saíu moi concentrado, para asestar o primeiro axiña, xa no minuto 3, dar vida ao comezo e encamiñar moi ben o marcador. Así con 0-3 ao descanso e gran seriedade en defensa na recta final con xogo de cinco local, a escuadra mariñá atopou o 0-4 con Peque nos últimos compases.
A nedende Ale de Paz abriu a lata xa no minuto 3 cun pase de Camila tras o rexeite fronte á tentativa de Lara Balseiro. Peque, máis dosificada nesta cita aínda que coa mesma faísca de sempre, avisou no 8 estrelándoa contra o pau, para subir o segundo a escasos segundos; a 7 burelista sentenciou a súa propia recuperación despois do apoio en Bea e Elena. O 0-3 materializouse no luminoso con tinguiduras cento por cento mariñás, nun pase longo de Lara con propia de Laura Boix, a seis para o descanso.
Tras a boa actuacion de Jozi por partida dobre no minuto 27 para manter a salvo a renda galega, as Guerreiras a punto estiveron de asinar o cuarto, primeiro con Lara ao pau e despois con Ale de Paz. Volveu poñer o perigo o cadro local aínda que escaso, rozando a medianía do segundo acto, con Paola. Con catro minutos por diante, o Sala Zaragoza apostou por xogo de cinco, pero Peque soubo como aproveitar o 39 para anotar por fin o definitivo 0-4 nun roubo, pechando a semana con pleno de triunfos.
Ficha técnica
Sala Zaragoza FS: Suzan, Livia, Rapha, Carmen, Boix, cinco inicial; tamén xogaron Jennifer Souza, Paola, Rafinha, Sara
Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Cami, Lara Balseiro, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Jane, Elena Aragón, Peque, Jozi
Goles: 0-1, minuto 3, Ale de Paz; 0-2, minuto 8, Peque; 0-3, minuto 14, Lara Balseiro (p.p. Laura Boix); 0-4, minuto 39, Peque
Árbitros: Esteban Tirado // Santos Fernández. Por Zaragoza amarela para Rafinha (minuto 25). Por Burela amarela Bea Mateos (minuto 24), Peque (minuto 24)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira División Feminina disputado no Siglo XXI de Zaragoza.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.


