CERVO .- A concelleira de Facenda do goberno do concello de Cervo, Chelo Gallego asegura que en dez anos reduciuse a débeda dun 176% a un 107% que existe na actualidade, pese ao “boicot” da oposición.
NOTA DE PRENSA
Hoxe case a metade da débeda (1,8 millóns de euros procedentes da segregación con Burela) non xeran intereses o que garante a liquidez e a estabilidade económica do Concello
GALLEGO LÉMBRALLE A ÉSTUA QUE EN DEZ ANOS O GOBERNO MUNICIPAL LOGROU REDUCIR A DÉBEDA DO 176 AO 107% PESE AO BOICOT DE NACIONALISTAS E SOCIALISTAS
* A capacidade de financiamento municipal incrementouse significativamente na última década ao crear novas taxas que pagan as grandes multinacionais (eléctricas, eólicas, telefonía móbil) e sen ter que acudir ao baleirado dos petos dos veciños
Cervo, 31 de maio de 2010.- A concelleira de Facenda do Goberno municipal de Cervo, Chelo Gallego lembroulle ao único concelleiro nacionalista local que en dez anos, e tal e como acreditan os datos da intervención municipal, o Partido Popular logrou reducir a débeda dun 176%, que herdaron no 1999, a un 107% que existe na actualidade.
Gallego salientou que a devandita redución acadouse grazas ao aumento da capacidade de financiamento local acadada coa creación de novas taxas que se aplican a grandes empresas como as eléctricas, eólicas ou de telefonía móbil, evitando polo tanto repercutir o custe do financiamento local nos propios veciños, a diferenza das políticas que propugnan e defenden desde o BNG. Ademais nesta última década tal e como puideron percibir os veciños, multiplicáronse os servizos ofertados polo propio concello, coa desprivatización da auga e do lixo, a creación das escolas deportivas, a apertura dos novos centros sociais, e das bibliotecas ou o reforzo do servizo de axuda ao fogar, entre outros.
Chelo Gallego tamén quixo subliñar que mentres que no ano 1999 o conxunto da débeda municipal xeraba unha serie de intereses que facían perigar a estabilidade financeira municipal hoxe a máis os 1,8 millóns de euros que forman parte da débeda en concepto da segregación de Burela non xeran ningún tipo de interese, o que garante a situación económica municipal e evita verse en situacións que si están a acontecer noutros concellos -que ben coñece o BNG- nos que existen problemas de liquidez.
150.000 EUROS MENOS
A edil de Facenda insiste en que o Equipo de Goberno popular está a desenvolver unha política de control de gasto sen reducir ningunha prestación municipal e todo iso, pese aos obstáculos impostos no seu día polo Goberno bipartito da Xunta, que boicoteaba toda actuación en beneficio de Cervo, e a pesares da propia actuación do Goberno central, amparada polo nacionalismo, que recortou en 150.000 euros os ingresos municipais, tras o recorte operado na valoración catastral do encoro de Rio Cobo e do peirao comercial de Alcoa.
Finalmente a edil do Goberno municipal ironizou ao botar en falta que o BNG non saia en defensa destas grandes multinacionais ás que, segundo Gallego, Estua presta servizos como cobrador do frac, e emprazoulle a manexar as cifras das arcas municipais con maior rigor e menos paixón política, o que lle permitirá concluír que hoxe nos atopamos nunha situación infinitamente mellor que a que herdamos, pese a que o contexto económico e moito peor.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



