Lugo, 9 de marzo de 2021. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, anunciou este martes a posta en marcha da acción formativa Promoción e Comercialización de Produtos e Servizos Turísticos Locais, unha nova iniciativa promovida pola Deputación de Lugo dentro do seu apoio a unhas das actividades económicas máis prexudicadas pola pandemia como son o turismo e a hostalería.
Cincuenta traballadores e traballadoras de entidades locais e membros das corporacións municipais da provincia poderán beneficiarse desta formación en liña de 100 horas de duración. Tal e como recolle o Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, as persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo día 17 de marzo, ás 13:00 horas. Para facelo, deberán enviar a documentación solicitada ao correo formacion@deputacionlugo.org
García Porto sinalou a importancia desta formación para favorecer a recuperación do turismo e o impulso á economía. “Dentro das competencias e cos recursos dos que dispoñemos, dende a Deputación de Lugo seguimos traballando para apoiar ao sector con esta nova acción, coa que dotamos de ferramentas aos concellos da provincia para que adquiran a capacidade suficiente como para desenvolver e xestionar produtos turísticos. Para iso, abordaranse estratexias de comercialización de produtos locais e o uso do marketing de servizos na creación e promoción dos recursos da contorna local ou comarcal”, subliñou a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo.
Esta medida enmárcase no Plan de Impulso da Economía da Provincia, promovido pola institución provincial para apoiar aos sectores produtivos máis afectados polas restricións sanitarias, sobre todo a hostalería, o turismo e o comercio local, con accións que combinan, por unha parte, a inxección directa de recursos, e, por outro, a creación de valor engadido e a xeración dun efecto multiplicador na economía para favorecer unha recuperación sostible, estable e eficaz do tecido produtivo.
A formación, que comezará o día 5 de abril e se estenderá ata o 15 de xuño, conta con catro bloques de formación, nos que se analizarán o Marketing Turístico; Proxectos de Comercialización de Produtos e Servizos Turísticos Locais; O Sistema de Relación Cliente-Empresa no sector da Hostalería e o Turismo; e a Utilización das Tecnoloxías da Información na Promoción do Destino e para a Creación e Promoción de Produtos Turísticos no Entorno Local. Unha vez rematada a formación, o alumnado que a supere recibirá un diploma acreditativo.
Favorecer o sector turístico
Este plan formativo enmárcase no compromiso da Deputación de Lugo de loitar contra os efectos da crise sanitaria no sector turístico e hostaleiro. A Deputación incrementou no Orzamento de 2021 un 10% as partidas dedicadas ao eido do turismo, ata chegar aos 3M€. Ademais, o Plan de Impulso da Economía da Provincia de Lugo contempla unha inxección económica de máis de medio millón de euros nos negocios hostaleiros e comerciais co reparto de 17.000 bonos, que terán un beneficio directo e inmediato, ademais de dous programas que fomentarán o turismo de proximidade: Coñece a túa provincia, que promoverá viaxes dunha xornada, en pequenos grupos e por distintos puntos da xeografía lucense; e Saborea a túa provincia, que fomentará o consumo dos produtos lucenses a través de xornadas gastronómicas e lúdicas por toda a provincia.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



