Ribadeo, 18 de marzo de 2021. Durante esta ponte festiva terá lugar a posta de largo do remodelado campo de fútbol municipal Pepe Barrera. Debido á situación sanitaria que estamos a vivir non haberá acto de inauguración. O Ribadeo FC xogará no Pepe Barrera mañá e o domingo e algunhas categorías da SD Ribadeo farán o propio o sábado. Está permitido o acceso de público cumprindo con todas as normas sanitarias en vigor en cada momento: aforo, toma de temperatura e de datos persoais, etc… O alcalde ribadense, Fernando Suárez, subliña que o Pepe Barrera é un dos mellores campos de herba natural do país, tras a importante remodelación á que foi sometido.
O rexedor dixo que “ben é certo que a pandemia foi cambiando moitas cousas, desgraciadamente algunhas moi positivas, outras que non teñen a fin de contas tanta importancia, pero que tamén eran simbólicas como pode ser o tema das inauguracións”.
Suárez Barcia sinalou que “o campo de fútbol Pepe Barrera leva varios meses amañado, despois dunha operación profunda de rehabilitación e de arranxo con moito diñeiro público que se meteu alí, e de facto non foi inaugurado. Tampouco vai ser porque pensamos desde o goberno municipal que a mellor maneira para inauguralo é precisamente que nesta fin de semana poidan empezar a xogar as persoas, tanto do Ribadeo FC como da SD Ribadeo, rapaces xuvenís, cadetes ou os que xa son titulares do Ribadeo FC, e poidan usar o que vai ser e o que é un dos mellores campos de herba natural do noso país. Desde logo ningún outro, a día de hoxe, ten a calidade do terreo do Pepe Barrera”.
O alcalde ribadense engadiu que “despois de que nos últimos dez anos desde o goberno municipal tivéramos que sufrir todo tipo de queixas e de críticas, sempre construtivas, de que era un pataqueiral, finalmente cun montón de apoio económico da Deputación, con escaso apoio económico da Xunta e cunha parte importantísima do Concello de Ribadeo, puidemos arranxar integralmente este campo de fútbol Pepe Barrera que, nesta fin de semana, vai ser a ledicia tanto da SD Ribadeo, que vai xogar o sábado, ás once e media da mañá, os xuvenís e os cadetes, e o Ribadeo FC, que vaI xogar todos eles partidos amigables, un deles vai ser o venres ás cinco da tarde co Foz e O outro vai ser o domingo tamén ás cinco da tarde coa Residencia de Lugo”.
Suárez Barcia subliñou que “os aforos están limitados ao que marcan as normativas, vai haber todos os controis e os protocolos sanitarios de acceso, hai que deixar os datos, toma de temperatura, etc…, pero está a disposición de todos estes equipos e de todo o público que, cumprindo as normas e cos aforos que estean limitados pola normativa, poidan acudir ao novo estadio Pepe Barrera. Esta será a maneira máis importante de inauguralo”.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



