A Fonsagrada, 5 de abril de 2021. O voceiro do PP de A Fonsagrada, José Regueiro, critica “a mala xestión do goberno local en materia medioambiental” e pídelle ao alcalde que emprenda as xestións oportunas para corrixir a inseguridade que xera o funcionamento da nova depuradora de augas residuais que leva dous anos vertendo a fincas particulares que rexistran constantes malos olores e aparición de residuos.
O popular cre que “isto indica que a depuradora non procesa a auga correctamente, o que supón un perigo para o medio ambiente e para a saúde das persoas; xa que estas aguas desembocan en ríos dos que, probablemente, se serven varios núcleos de poboación para consumo e outros usos”. Así mesmo, “a falta do correcto tratamento desas augas pode causar contaminación fluvial e a conseguinte mortaldade dos peixes e o conxunto da fauna fluvial”.
“Antes da posta en funcionamento da depuradora, a auga que discorría polas fincas particulares era completamente limpa” porque se correspondía coas augas pluviais recollidas das marxes da estrada LU-721 ao lado da que se construíu esta nova dotación que agora verte augas que deberían ser limpas á mesma gabia onde se recolle a auga da chuvia”, segundo explica o popular.
Infraestruturas viarias en perigo
Regueiro esíxelle ao goberno local o correcto tratamento das augas residuais para evitar riscos medioambientais e para a saúde das persoas e tamén que, unha vez sexan vertidas, se recollan de forma que se evite o deterioro de infraestruturas viarias; porque “o aumento da cantidade de auga que discorre agora pola gabia pode supoñer un perigo para a súa conservación. É o caso da estrada autonómica que pode ver en perigo a súa estrutura ao filtrarse a auga entre as pedras e o terreo pola marxe da calzada”, segundo advirte Regueiro. Igualmente, o aumento do caudal fai anegar unha ruta de sendeirismo sinalizada e, nas épocas de fortes chuvias, tamén provoca o asolagamento da estrada que une Fornos da Cal con Aula Verde.
O voceiro popular sinala que “malia non haber ningún núcleo de poboación próximo, o Concello conta cun colector do lixo nas inmediacións da depuradora e ao lado dunha arqueta polo que todo parece indicar que se depositan nel os residuos que se retiran da arqueta”. Polo tanto, “o goberno local é coñecedor do deficitario funcionamento da depuradora e, polo tanto, do risco medioambiental e sanitario”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



