Ribadeo, 5 de abril de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, avogou esta mañá diante da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, pola posta en valor do plan especial das Catedrais elaborado polo Concello. Para o rexedor hai dúas actuacións importantes a acometer: un aparcadoiro para acoller o transporte público e o privado así coma o apeadoiro de Feve e a creación de carreiros de madeira ou de saburra cuns miradoiros para que a xente desde arriba poida ver As Catedrais con seguridade en marea alta.
O rexedor quixo “agradecer a presenza da conselleira e as súas boas palabras, que compartimos, sobre a prudencia e que temos aquí un monumento natural que precisamente despois desta pandemia eu creo que se vai ver reforzado no sentido de que o que poida ser o turismo despois do Covid vai querer ser un turismo de calidade, non masificado, en espazos abertos, non concentrado en 20 días ao ano … E eu creo que todos estes ingredientes danse aquí, nas Catedrais”.
Suárez Barcia dixo que “ademais removemos obstáculos legais que había, temos todo ordenado, temos un plan especial aprobado co concurso e coa participación de todas as administracións. Entón agora o que queremos, e oxalá recollan o guante porque no diálogo parece ser que as cousas pintan ben, é que entre todos (a Xunta, a Deputación, o Estado a través dos diferentes ministerios e o Concello) poidamos poñer en valor ese plan especial, que de momento só é papel. Hai que poñelo a andar porque ten moito e di moito de cara ao turismo sostible e á seguridade”.
O alcalde subliñou que “hai dúas cuestións que lle formulei agora á conselleira para empezar a traballar sen máis demora: unha é que nosoutros estamos iniciando os trámites para cumprir o que pon o plan especial sobre un aparcamento público que conciba no mesmo punto o transporte público e o privado, tamén o apeadeiro de FEVE, pero para iso hai que expropiar uns terreos e executar un proxecto. E iso require moito diñeiro, polo que é necesario o concurso non só do Concello. E outra parte que me parece tan importante ou máis é que, precisamente polo accidente que houbo hai tres anos e, como ben di a conselleira, é un momento natural, dinámico, a acción da natureza non se pode regular e é imprevisible, pero a xente segue vindo e vai vir máis. Sobre todo hai que ter en conta que en marea alta non hai areal e a xente tende a andar, aínda que estea prohibido, polos carreiros. Polo tanto é conveniente facer un sistema, que está previsto no plan especial, duns carreiros de madeira ou de saburra cuns miradoiros para que a xente poida ir pola parte de arriba con seguridade, con distancia do cantil e con todas as garantías para poder gozar e ter unha escusa para vir a Ribadeo e á Mariña para ver esta praia. E iso require tamén facerse cuns terreos e executar esa obra”.
E lembrou que “a este respecto hai uns meses solicitamos un programa Life, entre o Concello de Ribadeo e varias Universidades, da mesma maneira que estamos rematando de executar outro na ribeira da ría de Ribadeo. Non sabemos se nolo van conceder ou non, pero se nolo deran sería importante porque con iso xa teríamos resolto polo menos a adquisición dos terreos. Se non é así tamén lle pedimos apoio, con independencia de quen o lidere. Aquí agora non se trata tanto de quen o lidere: pode facelo perfectamente a Xunta e nosoutros sumámonos ao carro, ou ao revés, que se sume a Xunta e a Deputación. Iso tanto nos ten. Pero si é conveniente que nun período razoable de tempo, porque sei que as cousas non se fan de maneira inmediata e dificilmente estará para este verán, deberíanse planificar con obxectivos, con prazos e con orzamentos estas dúas actuacións que contempla o plan especial, que inclúe moitas máis cousas. Pero de entrada isto que melloraría a seguridade pública e a capacidade de poder recibir durante todo o ano á xente sen masificación e con seguridade creo que sería moi bo para Ribadeo, desde logo, para A Mariña e para o país”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



