Santiago de Compostela, 12 de abril, 2021. A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez insta á Xunta a demandar do goberno do Estado e da UE, a excluír do novo Regulamento de Control da Pesca ao sector artesanal galego.
A parlamentaria lembra que a Federación de confrarías galegas alerta, a través dun comunicado feito público esta fin de semana, das consecuencias negativas sobre o sector pesqueiro galego tras a recente aprobación do Regulamento de Control da Pesca no Parlamento europeo
Nunha na reunión coa Dirección Xeral de Pesca e Acuicultura, do Ministerio de Agricultura e Pesca, para tratar o novo Regulamento, as confrarías foron informadas de que as persoas dedicadas á pesca “sen buques” tamén terán a obriga de enviar os datos de capturas diarias de forma individual.
A deputada nacionalista remarca que o colectivo de mariscadoras e mariscadores a pé xa está regulado nos plans de explotación aprobados pola Consellería do Mar. O marisco é pesado e controlado nas lonxas pero, unha vez máis, “a lexislación de pesca europea ignora a realidade e as condicións de traballo da nosa frota artesanal” e nomeadamente do colectivo de mariscadoras e mariscadores a pé, aos que pretende poñer normas mesmo “traballando en augas interiores e, na inmensa maioría dos casos, en praias que apenas distan das lonxas, onde se pesa e se rexistra o produto”.
Por outra banda, explica que son as propias confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores as que levan a cabo todo tipo de actuacións de control e salvagarda do medio mariño e das especies das que viven. “Están suxeitas a cotas máximas de capturas, existen puntos de control da actividade, e vixilancia dos bancos marisqueiros por parte do propio sector”, afirma Rosana Pérez na iniciativa rexistrada no Parlamento galego.
A maiores, engade que os bancos marisqueiros están delimitados por especie comercial, coñécense os niveis de capturas de cada unha, analízase o resultado do esforzo pesqueiro ao que están sometidas e existen períodos de autorización tendo en conta os datos científicos.
O sector do marisqueo é un sector suxeito a medidas de regulación, supervisión, comprobación, inspección e vixilancia que garanten a súa sostibilidade. Polo tanto, intensificar os controis por parte doutras administracións cando Galiza conta con “competencias exclusivas” nesta materia, en opinión da deputada resulta, “inxustificable”
Por outra banda , denuncia que a propia Unión Europea continúa poñendo trabas para recoñecer ao sector marisqueiro e ás confrarías á hora da súa inclusión en determinadas axudas de fondos europeos, ao que agora, afirma, temos que sumar unha regulamentación contraria ao sector e ás circunstancias e condicións nas que desenvolve a súa actividade.
A parlamentaria pide ao goberno galego que interveña ante este “novo atropelo” e impida someter ao sector marisqueiro a máis trámites e prexuízos económicos.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



