NOTA DE PRENSA:
Os populares están convencidos da resposta afirmativa de Sanidade e malia todo consideran conveniente formalizar oficialmente esta pregunta parlamentaria para desbotar as especulacións e sospeitas vertidas pola plataforma sanitaria que instrumentaliza PSOE e BNG
O GRUPO POPULAR PREGUNTA A SANIDADE SE O FUTURO XERENTE DA ÁREA SANITARIA DE BURELA XESTIONARÁ CON AUTONOMÍA OS RECURSOS ECONÓMICOS, PERSOAL, SUBMINISTROS, PRESTACIÓNS E PROGRAMAS DO HOSPITAL DA COSTA E DOS CENTROS DE SAÚDE
* Lonxe de perder autonomía e servizos a área sanitaria de Burela e o Hospital ganará en poder de decisión e competencias.
Santiago, 5 de xuño de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou na Cámara galega unha pregunta oficial dirixida á Conselleira de Sanidade na que se interesa polas previsións deste departamento autonómico para o reforzo da área sanitaria da Mariña lucense e, máis en concreto, quere coñecer se o futuro xerente da área sanitaria única de Burela –unha vez modifiquen a normativa actual para ampliar as súas competencias- terá encomendada a xestión dos recursos económicos, persoal, subministros, prestacións e programas do Hospital da Costa e dos centros de saúde da nosa comarca.
Os populares xa coñecen a resposta afirmativa a esta pregunta e polo tanto están convencidos do seu resultado e malia todo consideraron conveniente formalizar oficialmente esta iniciativa parlamentaria para desbotar definitivamente as especulacións e sospeitas vertidas pola plataforma sanitaria que instrumentaliza PSOE e BNG e que nos últimos días están a difundir informacións manifestamente falsas sobre o futuro do sistema público sanitario na nosa comarca.
Jose Manuel Balseiro insistiu en que lonxe de perder autonomía a área sanitaria da Mariña lucense ganará poder de decisión e máis competencias e lembrou os múltiples investimentos comprometidos polo novo Goberno de Galicia, o que lidera Alberto Núñez Feijóo, para e mellora e potenciación do Hospital da Costa. Tamén explicou que o único proxecto que existía para suprimir a área sanitaria da Mariña foi o que estaba a elaborar o bipartito que prevía a súa xestión desde Ferrol. Tras acceder a Xunta o PPdeG eliminou esta posibilidade e o propio Presidente do Goberno autonómico, así como a Conselleira Pilar Farjas, insistiron reiteradamente en diversas ocasións sobre a súa aposta pola sanidade pública mariñá, e comprometeron a súa independencia, autonomía e mellora. Balseiro insiste en que o poder de decisión e a xerencia se manterá en Burela.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



