Lugo, 15 de Abril 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou o Polígono industrial do Ceao para comprobar in situ os danos causados polo incendio que destruíu varias naves e valorar as medidas que se poidan adoptar para paliar os efectos da catástrofe e evitar que se perda nin actividade económica nin postos de traballo.
“É un dos polígonos industriais máis importantes non só de Lugo senón tamén de Galiza e a prioridade é que se habiliten axudas directas ás empresas afectadas para que se recupere a normalidade canto antes e que non se perda ningún emprego, nin ningunha empresa porque non está nin Lugo nin o País para deixar polo camiño pulso industrial e produtivo no medio da maior crise económica e social en tempos de paz”, salientou a líder nacionalista.
Pontón indicou que ante a grave afectación que tivo o incendio en varias empresas, todas as administracións, -Xunta, Goberno central, Concello e Deputación-, “deben poñerse man a man a colaborar para restablecer o ritmo de actividade habitual no polígono do Ceao”, argumentou.
A portavoz nacional tamén expresou o total recoñecemento do BNG ao traballo levado a cabo por todas as persoas que, dun xeito ou outro, participaron na extinción, tanto os profesionais como os que se sumaron de maneira voluntaria, “porque a súa eficaz actuación permitiu que a catástrofe non fose maior”.
Pontón non quixo aventurar ningún tipo de hipótese ou conclusión, á espera de que finalice a habitual investigación tras un lume, máis aló de valorar a antigüidade do polígono industrial, -empezou a súa actividade fai 43 anos-, e que tras as conclusións desa investigación procederá analizar se hai que tomar algún tipo de medida para mellorar a seguridade, traballando man a man administracións e empresas.
“O importante é que saquemos conclusións para evitar que esta situación se volva repetir ou, de ser así, que a actuación sexa o máis eficaz posible para minimizar danos”, concluíu, tras a visita na que estivo acompañada polo portavoz municipal, Rubén Arroxo, pola deputada por Lugo, Olalla Rodil, Maite Ferreiro e Efrén Castro, como responsables do BNG na Deputación.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.