COMUNICADO
O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol quere clarexar as seguintes cuestións:
1º Que non participou na reunión convocada pola plataforma sanitaria no día de hoxe por entender que era moito máis importante proceder ao rexistro no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, dunha iniciativa oficial a través da que se vén a desmentir as informacións difundidas por esta plataforma sobre o futuro da área sanitaria e subliñar a total autonomía e poder de decisión da súa xerencia que terá encomendada a xestión dos recursos económicos, persoal, subministros, prestacións e programas do Hospital da Costa e dos centros de saúde da nosa comarca.
2º Que o Partido Popular e os seus representantes entenden inapropiado e incoherente participar nos actos convocados desde a plataforma sanitaria dado que nin poden convencernos os falsos argumentos que están a dar desde este colectivo, nin compartimos as alarmas que ao respecto do futuro do sistema público de saúde pretenden xerar inxustamente na sociedade.
3º Que desde o Partido Popular, como forza política maioritaria na Mariña lucense, circunstancia obtida grazas á confianza que en nós depositan as veciñas e veciños, quere reiterar o compromiso persoal e político de cada un dos seus cargos públicos para potenciar e seguir mellorando os servizos existentes no Hospital de da Costa e no conxunto dos centros de saúde, á vez que lamentamos a manipulación que desde organizacións instrumentalizadas por PSOE e BNG se está a realizar nun asunto tan serio como o que afecta á saúde das persoas.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



