Cervo, 27 de abril de 2021. O Concello de Cervo activa unha nova liña de axudas que está dirixida á hostalería “como un dos sectores máis golpeados pola pandemia que viu e segue a ver tremendamente limitada a súa actividade e que tivo que afrontar continuos peches derivados da situación sanitaria”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares; que presentou o novo plan acompañado pola edil de Facenda, Dolores García Caramés.
O rexedor explicou que a Administración local aportará 1.000 euros procedentes das arcas municipais a cada un dos 34 establecementos que xa solicitaron o Plan de Rescate da Xunta.
Esta nova liña de apoio é froito dun convenio de colaboración subscrito coa Administración autonómica –explicou- “que permite articular mecanismos de xestión áxiles para que as axudas cheguen o antes posible aos seus destinatarios”. Así, o Concello de Cervo complementará con eses 1.000 euros directos a contía da axuda autonómica que vai desde os 1.900 aos 3.700 euros, en función da extensión do tempo dos peches decretados e do número de persoas traballadoras ao seu cargo.
Esta axuda municipal –recordaron- “vén sumarse á exención do pago das taxas de auga, lixo, saneamento e terrazas que se aplicará durante 14 meses a partir de xullo”, coincidindo cos períodos de maior consumo”. Por esixencias normativas, a partir desa data, con carácter bimensual, emitiranse recibos por un valor absolutamente simbólico de ao redor dun euro. A modificación destas ordenanzas, de feito, xa foi aprobada no pleno ordinario municipal.
A edil e o rexedor subliñaron outras medidas que se foron aplicando desde que se declarou a pandemia para axudar ao sector na medida do posible “non se cobrou a taxa do lixo desde mediados de marzo e ata que se levantou a obriga de peche total en maio; tamén se facilitou a ampliación das terrazas nos espazos públicos sempre que foi posible; e desde o 15 de marzo non se emitiu ningún recibo pola ocupación da vía pública”.
Así mesmo, tamén se dispuxo un plan de reactivación económica e social dirixido a todas as persoas autónomas do Concello que se puxo en marcha no pasado exercicio.
Villares quixo recoñecer o esforzo que está a facer, neste caso, todo o sector da hostalería e da restauración para sobrepoñerse a unha situación inédita que está a poñer ao límite a unha actividade económica fundamental para o noso municipio “por iso penso que a colaboración institucional, nun caso como este, é prioritaria, porque o único que importa é gañar en operatividade buscando a fórmula que nos permita ser máis áxiles na xestión; e este convenio vai nese camiño”, sentenciou.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



