Santiago de Compostela, 27 de abril, 2021. A portavoz de Montes do BNG, María Albert defendeu unha moción para evitar as plantacións ilegais do Eucalipto mentres non sexa aprobada a moratoria anunciada pola Consellaría de Medio Rural. A proposta do BNG foi rexeitada polo Partido popular.
Na súa intervención, a deputada nacionalista urxiu ao goberno a tomar as medidas precisas para a protección preventiva de superficies de frondosas, áreas de interese ambiental e patrimonial así como superficie de vocación agrogandeiras evitando que sexan obxecto de plantacións ilegais de eucalipto que se están a multiplicar en zonas inhábiles para ese uso.
Por outra banda, a moción do BNG tamén incluía a elaboración dunha lei de ordenación das masas de eucalipto coa retirada das devanditas masas das zonas agropecuarias, de protección medioambiental e bosques de ribeira.
María Albert urxiu a consellaría de Medio Rural a garantir unha xestión sustentábel e poñer fin ao descontrol de novas plantacións a través dunha regulación do eucalipto en Galiza.
Dende que o conselleiro de Medio Rural anunciou a palabra “moratoria”, afirmou Albert, comezou neste país unha carreira pola plantación de eucalipto en cada metro cadrado de superficie apto para elo “apto, non legal” recalcou. Agora vale todo, talar piñeiros que non cumpriran o turno de corta, continuar a plantar en zonas agrícolas, en zonas de que até o día de hoxe tiñan monte raso ou en zonas de Rede Natura…
“Todo vale”, recalcou, ante a promesa da rendibilidade económica do eucalipto e o augurio de que calquera outro tipo de aproveitamento da terra está condenado á perda económica e ao escaso retorno. Dende o BNG levamos alertado dende hai máis dun mes dunha carreira sen freos de novas plantacións de eucalipto sen que a Xunta fixera nada.
Pero non só o BNG, engadiu, tamén os medios de comunicación, sindicatos, agrupacións madeireiras, asociacións ecoloxistas, técnicos forestais, viveiristas, e incluso grandes multinacionais do sector levan constatado este “boom eucaliptizador” mentres o conselleiro nega esta realidade afirmando que “non se dan evidencias tanxíbeis dun efecto chamada”.
Dende o BNG non dicimos que o eucalipto sexa malo “per se”. Non hai especies boas e malas e esta especie, está claro, ten un papel importante no desenvolvemento forestal de Galiza. O que hai, remarcou, “é unha xestión forestal boa ou mala” e aquí a xestión forestal “é nefasta” e sigue a máxima de “deixar facer, ti vai facendo” para recadar bos réditos políticos para o Partido popular e resultando “demoledor” para o futuro de Galiza.
Pero imos falar da súa campaña publicitaria dunha moratoria do eucalipto. Desa moratoria que anuncian en prensa e que, din, está previsto alongar até decembro de 2025. Esa moratoria que o conselleiro tivo aquí o outro día a ousadía de afirmar que o BNG votou á contra no Plan Forestal cando nin sequera a presentaron a votación.
Ao final que é o importante? Que é realmente do que estamos a debater? preguntou a nacionalista. Debatemos se o monte galego ten que ser un espazo adicado case en exclusiva á produción forestal de baixa calidade ou se consideramos que hai outros usos que achegan máis valor engadido e riqueza social.
O que non é de recibo é que a posición oficial da Xunta de Galiza sexa a que relatou aquí o conselleiro do Medio Rural no último Pleno, “Que a diagnose do monte está consensuada co sector forestal no Consello Forestal de Galiza”. Probabelmente nesa afirmación residan boa parte dos males do noso monte. Desde o BNG non nos cansaremos de remarcar que a política de montes neste país ten que ir moito máis aló e esa é unha parte pero non a única faciana da política de montes. Os intereses do sector forestal non poden ser os únicos que deben primar. Hai usos agrícolas, usos gandeiros, hai espazos que requiren dunha protección ambiental, importantes valores culturais e patrimoniais, hai aproveitamentos micolóxicos, realízanse usos sociais, deportes, actividades educativas.
A deputada afirmou que “non hai planta nos viveiros”, FINSA ten recoñecido un aumento exponencial da entrada de madeira de piñeiro dun calibre menor, asociacións ambientais continúan a recibir ducias de denuncias, o Clúster da Madeira certifica a tendencia, as asociacións forestais falan dunha tala indiscriminada de piñeiros “os piñeirais estanos arrasando” titulaba o domingo El Progreso de Lugo en boca dun viveirista de Mondoñedo, concluíu.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



