Madrid, 29 de abril de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantivo unha xuntanza con representación sindical da comarca da Mariña e representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) onde puxeron en común a necesidade e vantaxes da creación dunha Autoridade Portuaria en San Cibrao e da apertura ao tráfico comercial o dique norte de Morás. A esta reunión tamén acudiron o deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Daniel Castro, a responsábel comarcal da Mariña, Ana Ermida, e os voceiros municipais do BNG en Cervo e Xove.
A pesar de que en 2002 foi creada a Provincia Marítima de Lugo e da importancia do Porto de San Cibrao dentro da comarca da Mariña, a día de hoxe, a costa lucense continúa sen posuír unha Autoridade Portuaria propia. A xestión e ordenación destes recursos desde a propia comarca repercutiría de forma moi positiva e favorecería o desenvolvemento económico, pois todos os recursos que xera xa agora mesmo o Porto de Alcoa poderían ser investidos alí onde se producen.
“Existen sobrados motivos, ademais dos de índole económica, que avalan a necesidade de crear unha Autoridade Portuaria propia en San Cibrao, segregándoa da de Ferrol, pois permitiría unha mellor xestión e ordenación do territorio e a planificación das infraestruturas de forma autocentrada. O que se recada no porto utilizado por Alcoa podería reverter na comarca directamente e así como tamén os eventuais beneficios que se xeren despois da apertura do dique norte” explicou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.
En palabras do deputado nacionalista “debe ser acometida a liberalización do denominado dique norte de Morás e situar a fronte da xestión e administración desta infraestrutura unha autoridade portuaria propia, un factor decisivo para o seu mellor aproveitamento”. O Porto de San Cibrao é o de maior calado da Mariña e con esta actuación optimizaríanse as súas instalacións portuarias ao permitir levar a cabo unha actividade comercial portuaria independente e mesmo complementaria á que na actualidade se desenvolve por Alcoa. A multinacional está a explotar só o dique sur rematando a concesión no 2023, polo que sería perfectamente factíbel liberar o dique norte e utilizalo para o tránsito comercial”. Esta acción “permitiría habilitar un porto de atracada de 240 metros de lonxitude para buques de ata 222 metros de eslora e 11,5 metros de calado e a utilización de 50 mil metros cadrados de explanada portuaria”.
“A utilización da zona portuaria agora en desuso traería consigo unha maior dinamización socioeconómica de toda A Mariña e de toda a súa área de influencia. Trátase dunha actuación máis necesaria que nunca frente a incerteza do futuro industrial da comarca e que permitiría que os beneficios xerados no Porto de San Cibrao revertan directamente nese territorio” salientou Rego. Esta iniciativa, segundo explicou o deputado no Congreso, tamén se debaterá no Parlamento de Galiza o vindeiro 7 de maio a través do deputado mariñán do BNG, Daniel Castro, asistente a esta xuntanza.
Así mesmo, paralelamente e mentres que non se constitúa a Autoridade Portuaria de San Cibrao, tense que “dar as instrucións precisas para que se proceda a unha redistribución dos ingresos obtidos a través do Porto de san Cibrao de modo que os mesmos revertan en beneficio da costa lucense”. Os datos publicados pola Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao reflicten que, aínda que recada anualmente uns 10 millóns de euros aproximadamente no Porto de Morás (San Cibrao), “o organismo estatal non chega a investir nos portos de Lugo, nin no de San Cibrao nin no conxunto da comarca da Mariña o 5% do recadado” recriminou Rego.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



