Lugo, a 30 de abril de 2021. Ao principio de cada mandato municipal celébrase unha sesión plenaria da corporación que se acaba de constituír para decidir, entre outras cuestións, o réxime de reunións do pleno. No caso de Foz, decidiuse que os plenos ordinarios se celebrasen con periodicidade mensual, o último xoves de mes. O portavoz popular, Javier Castiñeira, denuncia que o alcalde, Fran Cajoto, incumpre dito réxime de sesións e convoca os plenos cando a el lle parece oportuno, sen contar para nada co resto dos grupos.
Javier Castiñeira explica: “O equipo de goberno de Foz incumpre reiteradamente o ordenamento que hai establecido no pleno de organización, en canto a celebración dos plenos ordinarios, fixados para o último xoves de cada mes. Isto nos últimos meses non se está a facer, de tal maneira que xa é algo extraordinario que se celebren os plenos cando se teñen que celebrar, é dicir, o último xoves de cada mes”.
O portavoz popular di que a situación que denuncia obedece única e exclusivamente “á conveniencia do equipo de goberno e do señor alcalde, que non son capaces de organizarse e facer unha boa xestión. Non son capaces de cumprir o que está establecido”. Por elo, “o PP ten que denunciar que non sabe cando son os plenos ordinarios ultimamente e iso non é bo para o funcionamento da corporación”. Un exemplo do que ocorre, explica Castiñeira, “é o que pasou este mes: chegou o xoves último de mes e non tiñamos orde do día e ninguén se fai responsable de cumprir o ordenamento”. Engade: “É algo que pasa reiteradamente, porque o alcalde colleu o costume de poñer a data do pleno cando a el lle interesa e iso non pode ser”.
Os populares esperan que o goberno municipal cambie de actitude. Castiñeira avisa: “É necesaria máis organización, máis colaboración e respecto aos partidos da oposición, que deben terse en conta en todos estes cambios que fai o alcalde motu proprio”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



