Nota de Prensa
O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol ante as informacións aparecidas en diversos medios de comunicación que se fan eco dunhas declaracións efectuadas polo alcalde de Foz, Jose María García Rivera, nas que asegura que no seo da mancomunidade de municipios da Mariña lucense “Balseiro dixo que había asuntos máis urxentes para arranxar a sanidade” quere clarexar o seguinte
1º.- Que a devandita afirmación non é textual nin certa, polo tanto o alcalde de Foz está a mentir imputando esas palabras ao deputado popular.
2º.- Que non só este deputado, senón a inmensa maioría dos representantes municipais da Mariña rexeitaron a moción presentada por Jose María García Rivera sobre un inexistente perigo de desmantelamento do Hospital da Costa, negando toda validez a esta alarma e subliñando os compromisos adquiridos tanto por Sanidade como polo propio Presidente da Xunta para o reforzo e autonomía da área sanitaria da Mariña e do seu hospital.
3º.- Que en todo caso o deputado popular mantén que o debate sobre sanidade tal e como o pretendeu suscitar o alcalde de Foz nin é urxente, nin ten ningún tipo de fundamento na realidade. Sería moito máis importante para os concellos da Mariña representados na Mancomunidade poder debater sobre outras cuestións como son os recortes sociais que o Goberno socialista de Zapatero está a impoñer a traballadores, dependentes e nais ou sobre a redución de soldos dos empregados públicos, ademais da diminución das achegas que o Goberno central tería que destinar ao financiamento dos concellos.
4º.- Jose Manuel Balseiro amosa a súa máxima satisfacción porque a Mancomunidade de concellos da Mariña lucense rexeite os argumentos empregados pola plataforma sanitaria que instrumentaliza o PSOE e o BNG, e non se adhira á súa mobilización. Insiste en que estes colectivos tan só buscan facer dano político xerando alarma social nun asunto tan serio como é o do funcionamento dos servizos públicos chamados a garantir a saúde das persoas.
Lembra que só o alcalde de Foz e os representantes do concello de A Pontenova (que nin tan sequera forman parte da área sanitaria do norte lucense) defenderon as teses “catastrofistas” da plataforma sanitaria.
















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



