Coido que é algo lóxico.
Miramos por nós, pola nosa conservación e a dos nosos, aínda que sabemos que sós non sobreviviríamos… E aínda que o sabemos, damos por descontado que o noso entorno, sexan familiares, o resto da humanidade, das especies coas que nos relacionamos ou a Terra no seu conxunto, vai estar aí, e máis invariable canto máis grande sexa a porción considerada. Pero non ten por que ser así. De feito, non o é. E, sendo unha base sobre a que asentamos as nosas ideas para vivir, manter ideas dese estilo na cabeza pode ser perigoso.
Lembrei o anterior ó ver un parágrafo sobre a obsolescencia programada, a práctica de construír obxectos para que sexan útiles pero non moi duradeiros, e así poder seguir a producilos -e cobrar pola súa produción- para substituílos, pode que coa escusa de atrribuñirlles máis capacidades para o seu uso. Ou sexa, algo así como consideralos obxectos dun só uso, pero tendo en conta que cousas como o móbil non é factible facelo para unha única chamada. E, de igual xeito que se tende (de xeito moi lento e aínda incorporándose novos obxectos a ese esquema) a desbotar os obxectos dun só uso, en xeral o ‘usar e tirar’ vai rematar. Ben, deixémolo en debería rematar. Ten que facelo. Non podemos estar empregando recursos de xeito crecente en aparellos novos porque os antigos se estropearon cando poderían ter durado máis, moito máis mesmo, con outra concepción na súa construción.
Coido que en relación a isto, de xeito básico, na relación economía-sociedade, hai dúas cousas a considerar: unha, a reparación da pé a pequenos talleres que poden desconcentrar o poder das grandes multinacionais, achegándoas máis ás persoas (e os seus prezos). Pero claro, desconcentrar o poder significa compartilo, é dicir, diminuír o poder que se tiña antes… E tamén, outra, tende a desbancar a cultura de limitación da vida útil que fan as empresas dos seus produtos (‘obsolescencia programada’) para seguir vendendo máis e aumentar as ganancias. O que ven sendo outro xeito de diminuír o seu poder, e polo tanto, outra fonte de resistencias, nun mundo no que as empresas só miran o seu embigo, pois non teñen máis finalidade que amontoar cartos… E se teñen outras, están supeditadas a esa, de xeito que sirvan como finalidades accesorias, parciais, para conseguir o fin último de ganar cartos. Pero reverter ambas tendencias implica cambiar un modelo de economía. E iso está (está na actualidade, non é que sexa de por si) difícil.
Pasar a que unhas simples medias se puideran fastidiar despois de que se lograra a fórmula para que non o fixeran foi só un dos episodios chocantes nesta ‘guerra empresarial’ contra o mundo (no que nos incluímos nós, claro!). O tema ten evolucionado. A desculpa máis manexada para evitar a reparación na actualidade é que os instrumentos hoxe son moi complicados e requiren moita especialización, co que non se poden reparar na casa… pero tampouco nun taller. Resulta que merquei un móbil (gama baixa, 100 €) e unha caída foi o preludio para que un mes e pouco despois sexa inviable o seu uso. Custe dun amaño -a ferida implica só a rotura da pantalla-: 90 €, sen garantía de que ó final o podan amañar ou de que non teñan que amañar máis partes… algo sobre o que non tería o mínimo control. ¿? Os repostos, a carcasa compacta, leches en vinagre! Móbil novo, máis ganancia para alguén, máis prexuízo para a Terra, máis prexuízo para todos.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



