BURELA .- O pleno do Concello de Burela aprobou as taxas municipais para 2009 e acordou conxelar taxas como a entrada de vehículos a través de beirarrúas escola de música, licencias de autotaxi, sumidoiros, vehículos de tracción non mecánica, cemiterios municipais e auga, ademais da axuda a domicilio. Subirán no 2009 o IPC a recollida do lixo, os tendidos de tubarias, as licencias urbanísticas, a ocupación de terreos públicos, andamos e vallas. Baixará un 0’45por cen o imposto de ben inmobles urbáns e un 0’55 por cen o imposto de bens inmobles rústicos.
O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “o que fixemos foi ratificar o acordo adoptado polo equipo de goberno, e aínda que foron debatidas as propostas presentadas polo PP, pensamos que as nosas saíron para adiante coa condición de mellorar ao máximo posible a facilidade de pagos aos veciños de Burela”. O rexedor engade que “aquelas taxas de carácter xeral foron conxeladas ou baixan como é o caso do IBI, moi importante para todo o pobo e despois as que soben o IPC son aquelas que non lle afectan de xeito xeral á poboación, agás a recollida do lixo. Neste caso a suba non é algo que dependa directamente do propio Concello xa que depende do servizo que se presta e Sogama en sí mesma súbenos bastante máis do IPC o que lle pagamos pola recollida, de aí que teñamos que incrementar un pouco esta taxa”.
Llano considera que “se trata dunha boa medida para o conxunto da poboación porque se primou o interese xeral dos veciños de Burela, e recalco que a baixada do IBI repercutirá de xeito moi notorio para a xente aínda que hai outras taxas coma a da recollida do lixo que se notarán un pouco a finais de mes. Con estas medidas pretendemos paliar un pouco a situación pola que está a atravesar a economía familiar neste momento”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



