Burela, 12 de maio, 2021. O Pescados Rubén Burela FS acaba de lanzar a súa tenda en liña coas indumentarias oficiais de Primeira RFEF Masculina e Feminina 2020-21, ademais de calzado e artigos novidosos.
Accesible a través da dirección http://www.burelafs.org/tenda/ e co slogan “Sente as cores”, a Tenda Laranxa ofrece a posibilidade de adquirir dunha forma moi sinxela os produtos oficiais da entidade, con tallas infantís e adultas e modelos de home e de muller.
Con unidades limitadas, un dos artigos máis demandados nos primeiros días de apertura da tenda xa está a ser a camiseta conmemorativa da 4ª Copa na Historia Laranxa, tras a recente reafirmación do trono de Copa de S.M. A Raíña en Las Rozas. Estas camisetas son ademais os primeiros produtos dispoñibles da nosa marca LUME, unha liña de roupa de vestir exclusiva da nosa tenda oficial con deseños inspirados no club laranxa, na Mariña e na cultura galega.
LUME acaba de estrear tamén outra camiseta moi especial, nun momento moi especial, co Pescados Rubén masculino inmerso na recta de finais por seguir gozando entre os mellores da mellor liga do mundo. Este é o momento de unirnos e animalos con forza cun só corazón, un Corazón de Primeira. Esta camiseta define o sentimento dun club, dunha afección e dun conxunto que merece seguir vivindo o soño da elite.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


