Lugo, 13 de maio de 2021. Os Bonos Impulso da Deputación xerarán na comarca da Mariña un volume de negocio mínimo de 332.000€. Repartiranse preto de 3.700 bonos nominativos por importe de 30€ nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, que xerarán un efecto multiplicador importante porque para usalos haberá que consumir un mínimo de 60€. O investimento da institución provincial nestes municipios será de máis de 110.000€, unha inxección económica moi relevante en termos de consumo porque segundo os estudos económicos dos técnicos o impacto económico de cada euro investido multiplicarase por tres.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, o presidente da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, e o presidente da Federación de Comercio da Mariña, José Carlos Paleo, visitou esta tarde varios establecementos do concello focense adheridos á campaña de descontos da Deputación.
“Unha gran parte dos autónomos e das pequenas empresas atravesan momentos difíciles, sabémolo, por iso queremos axudar á súa recuperación con esta importante medida”, explicou o Presidente. “Os Bonos Impulso da Deputación son un incentivo para apoiar ás empresas e ás familias, promoven a actividade nas tendas de barrio e nos negocios de sempre, e axudan á concienciación da relevancia social que teñen no noso día a día”, incidiu Tomé Roca.
Este mércores xa hai 432 establecementos inscritos en toda a provincia para participar nos Bonos Impulso e na páxina web da institución provincial está habilitado un espazo no que, ata o 25 de maio, os propietarios de locais interesados en participar poderán adherirse cumprimentando un formulario sinxelo. Poden anotarse todos os negocios da provincia, incluídos os locais de hospedaxe e servizos, tendo en conta que non se poderá participar para canxear lotaría, bebidas alcohólicas non alimentarias nin tabaco.
Comarca da Terra Cha
Na comarca da Terra Cha os Bonos Impulso xerarán un volume de negocio de máis de 200.000€. Repartiranse preto de 2.300 bonos entre os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Pol, Vilalba e Xermade.
Tomé Roca explicou que “os Bonos Impulso nacen co propósito de que haxa actividade económica en todos e cada un dos 67 municipios que conforman a provincia, por iso cada persoa que teña un bono só o poderá gastar nos establecementos adheridos do seu municipio”. Haberá un reparto equitativo dos bonos en cada concello seguindo criterios obxectivos como a poboación, o número de persoas en situación de desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas). En base a iso, a Deputación establece un mínimo de 20 bonos para os concellos máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes.
Adhesión dos establecementos
Non existe límite de establecementos, polo que todas as empresas e autónomos poderán participar. Estará habilitado o seguinte número de teléfono para calquera dúbida que poida xurdir 982.260.204 e o seguinte enderezo electrónico bonoimpulso@deputacionlugo.org.
Unha vez rematado o proceso de inscrición, a institución provincial publicará a listaxe de establecementos participantes e faralle chegar a cada local admitido un indicativo da súa adhesión no programa. Un cartel que deberá colocar nun lugar visible, facilitando así que a veciñanza saiba en que establecementos poderá canxear os Bonos Impulso.
Veciñanza
A Deputación porá a disposición da veciñanza da provincia un total de 17.000 Bonos Impulso. A súa solicitude realizarase unha vez remate a fase de adhesión dos establecementos, pero antes de que se abra o prazo, a institución provincial informará a través da súa páxina web, das redes sociais e dos medios de comunicación das datas e fórmulas para poder conseguir os Bonos Impulso. A súa asignación será por orde de presentación de solicitudes, respectando o número mínimo e máximo establecido de bonos por concello, e fixando nesta primeira fase de asignación un máximo dun bono por persoa.
Poderán solicitar un Bono Impulso as persoas maiores de 18 anos que residan ou estean empadroados nalgún dos 67 concellos da provincia. As persoas beneficiarias recibirán na súa casa a través de correo postal o seu Bono Impulso, que poderán utilizar como método de pagamento nun único establecemento. Este bono será nominativo, é dicir, levara o nome e apelidos de cada persoa, o que permitirá identificalo no momento da compra. O prazo para a canxear os bonos rematará o 31 de agosto.
Os únicos gastos que non se consideran subvencionables serán as bebidas alcohólicas non alimentarias, tabaco e lotarías, deixando de manifesto que tanto a hostalería (incluídos os servizos de aloxamento) como estancos, poderán participar xa que ofertan máis produtos no seu establecemento.
De non esgotarse todos os bonos nesta primeira fase de solicitude, a Deputación de Lugo habilitará novos prazos e realizará sorteos entre aqueles cidadáns interesados en participar no programa.
Dixitalización das PEMES
Os establecementos que se adhiran ao programa poderán participar nun proxecto integrado dentro das medidas do Plan Impulso da Deputación de Lugo a través do que se mellorará a xestión, a dixitalización e a visibilidade social do negocio de forma gratuíta. A institución provincial porá á disposición das PEMES e MICROPEMES, se así o aceptan, formación e novas destrezas que fagan máis competitivos os negocios da provincia.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



