Abadín, 21 de maio de 2021. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que presentou unha moción, para ser debatida no vindeiro Pleno, co fin de que o Concello se implique economicamente coa Asociación de Nais e Pais do Alumnado do Colexio do Público Aquilino Iglesia Alvariño e poidan acceder ao servicio de madrugadores, así como un programa de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2021-2022.
O Voceiro Socialista remarca que presenta esta solicitude tralas peticións realizadas polos Nais e Pais do Colexio ao Grupo Socialista de Abadín na que lles trasladou esta demanda. “Queremos que as familias da nosa vila poidan conciliar a vida familiar e laboral, por iso entendemos que este servicio é fundamental para mellorar a calidade de vida dos veciños con servizos públicos útiles, eficientes e que dean resposta ás verdadeiras demandas da veciñanza” .
Así as cousas o programa Madrugadores consiste na ampliación do horario de apertura co centro educativo, durante todos os días lectivos, daqueles centros públicos onde se implante este servizo. Xeralmente a coordinación destas actividades complementarias, así como as actividades extraescolares é contratado e xestionado polas asociacións de nais e pais do alumnado (ANPA) nos centros educativos de toda Galicia.
Por todo isto “dende este Grupo Municipal Socialista de Abadín demandamos ao Concello que colabore a través dunha partida económica coa ANPA do colexio para que poidan impartir o servizo de madrugadores e realizar as actividades extraescolares. Hai que lembrar que que o Concello de Abadín goza dun superávit económico, do que o Alcalde sempre aire e presume, polo tanto, non poden mirar cara outro lado ante esta problemática e deben facilitar estes servizos para todas as familias de Abadín”, remarcou.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



